Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, maio 16, 2011

Pichas bravas


A vella e manoseada historia do señor poderoso (hai moitas maneiras de ser poderoso, algunhas verdadeiramente cutres) posto na picota por un escándalo sexual nunca pasa de moda.
De todos os casos célebres que saltaron aos medios ultimamente, por riba das evidentes diferencias, hai un punto en común: os implicados son uns pichas bravas.
Os pichas bravas non son, como se ten dito, "homes aos que lles gusten moito as mulleres". Non. Os pichas bravas son simplemente uns aproveitados moi pagados de si mesmos. E o que normalmente pasa é que os aproveitados máis cedo ou máis tarde acaban atopando alguén que lles toma perfectamente as medidas e, dun xeito ou doutro, toman a revancha. Xustiza poética: eu sempre admirei aos que se enfrontaban aos abusóns.

Non podo dicir que me sorprenda a historia do ex-candidato in pectore DSK e a camareira, como tampouco a inmediata sospeita de complot que se barallou, como fai eco Cabaret Voltaire. Sei tan pouco destas argalladas que todo me parece posíbel, mesmo vexo moi factíbel unha cousa e maila outra xuntas. A cousa promete un culebrón dos bos con análise de ADN nas persoas implicadas e nas súas roupas.
Aínda existirá aquel vestido de Mónica Lewinsky que nunca foi á lavandería? Non quero imaxinar a clase de flora e fauna que alimentaría todos estes anos.
Enfín, miñas queridas e meus queridos, é triste pensar que poden vir as revolucións que se queiran pero a estreita relación entre sexo e poder seguirá aí inalterábel.

14 comentários:

Anónimo disse...

Que lle parece o que di hoxe Gay Talese?

Anónimo disse...

Será pixas bravas, a non ser que como están fora da cidadanía, tamén estean fora da normativa académica.

SurOeste disse...

Anónimo 1 eu non podo sentir a mesma solidariedade que Mr. Talese por DSK porque non son nin serei nunca da fratría dos machos con dereito a pernada. Sexa ou non sexa "o personaxe" a camareira, o único que me inspira M. S-K é o mesmo que me inspirarían os damnificados polo timo da estampita (unha xogarreta que tamén só funciona con aproveitados).


Ai, non se me poña tan bravo, Mr Anónimo 2, eu escribín "pichas" e pichas van quedar, e se hai que pedir un préstamo para que quede pois pídese. O da cidadanía francamente non llo entendín.

Anónimo disse...

No día das Letras Galegas non lle podemos conceder ningún préstamo que non sexa normativo. Onde imos parar!. Sentímolo. Quizabes outro día.

Anónimo disse...

Son o Anónimo 1. Volvín repasar a entrevista con Talese e non vexo que este se solidarice con DSK. Esa é unha dedución precipitada pola súa parte, que dá por sentado que ao ser home ten que solidarizarse con outro home. Bendita forma de aplicar un esquema para aforrar a funesta manía de pensar.
Quen si se solidariza con Anónimo 2 son eu: baixo ningún concepto se pode aceptar o de picha (que ademais soa a pouca cousa), moito mellor pixa (que é moi eufónico e normativo). Recoñeza que se puxera pixa o texto lle ía quedar máis fetén.

SurOeste disse...

Anónimo 1, non creo que me excedera nin me precipitase ao ler:
"este hijo de sastre italiano escribe en las etiquetas de lavandería en las que toma sus notas esta frase que es una declaración de sus principios como periodista ante la actualidad del día: "¡Pobre Strauss Kahn...!, pero el personaje es la camarera".
Por outra parte, sempre odiei as traducións literais tipo "de puta nai", "ma suda".... e "pixa brava" vai por aí: son calcos horrendos do castelán. Aínda que para gustos... O que non entendo moi ben é por que insisten en queimarme coa normativa.

Anónimo disse...

Son de novo o Anómino 1, pero non quero patrimonializar nada e non vou escribir máis.
Reitero que se precipita e que desa simple frase no se pode inferir solidariedade ningunha. O adxectivo "pobre" admite máis lecturas que a que vostede lle apón con tanta alegría. Así se empeza (coa sospeita, coa insidia) e xa sabemos onde se acaba: co predominio da policía do pensamento. Mal asunto!

SurOeste disse...

Señor anónimo 1 e 2, que ser son o mesmo, vostede si que chega lonxe de máis. Agora xa nin se molesta en buscar aqueles pseudónimos tan simpáticos, unha simple carauta de anónimo parécelle suficiente para vir en plan inquisitivo e inquisidor.
Pois vale, ten razón, estou afiando a navalla de capar, así que... coidado comigo que non razoo moito.

Anónimo disse...

Houbo sorte e tornei entrar aqui e a verdade sempre debe prevalecer.
Son o anónimo 2 e nin coñezo ao anónimo 1, nin a SurOeste nin a ninguén neste blogue.
O anónimo 2 solidarízase comigo na defensa do uso da normativa, postura esta, que é maioritaria entre escritores, xornalistas etc, polo que non vexo lume por ningures, aínda que coma escribe Marica Campo, onde houbo lume, sempre queda algún rescaldo.
O xeito de entrar coma anónimo, e unha facilidade dos blogues, mais non ten porque ser para acochar nada. O que importa é o que se di, co que se pode concordar ou non, en todo ou en parte, e esa é a pluralidade poliédrica da vida e de internet.
Boandanza a ambos os dous.

Anónimo disse...

Son 1 de novo, sinto ser pesado. Eu tampouco coñezo a ninguén nin entendo nada do que di. Mais cando se sospeita sen razón xa sabemos o que pasa. E para mostra un botón.
Boadanza e paz e amor.

SurOeste disse...

Si, moi bonito, cargados de bos desexos e mellores intencións, os anónimos (coidado! 1 e 2, non un mestillón) loitando pola súa propia identidade agochadiños trala carauta.

Que mal me sinto, que malvada son... pero sigo afiando a navalla: rissss, raaaasssss!!!!

Chousa da Alcandra disse...

Non disculpo a DSK; pero teño que discrepar con vostede na apreciación esa de que aos pichas bravas non lles gustan as mulleres. Muller...se fose doutro xeito, abalencearíase enriba dun camareiro!

A min o que me amola desta historia é que, despois do feito (xa está practicamente condenado), van cesalo do seu choio pero cun choio de pensión: 250.000 eurazos/ano.
Que sería de vostede ou de min se lles botamos as gadoupas no cu ó/á primeiro/a que nos mole como menea as nádigas ó andar...
Poda que a xustiza sexa cega, pero os que a executan levan prismáticos.

so what? disse...

Carta íntegra de Carmen Llera Moravia sobre DSK

Querido Director,

Tras días de silencio le escribo, es un error usar mi libro 'Gaston', pura ficción literaria, para ilustrar un hecho real, 'Gaston' no tiene nada que ver con Dominique Strauss-Kahn, al que conozco y frecuento desde hace años. No he sido nunca una víctima suya, como alguno ha escrito, no es un hombre cruel, primitivo o sádico, la violencia no forma parte de su cultura, ama el sexo, so what? (¿y qué pasa?), no me parece un delito, a veces los cuerpos expresan más que las palabras... Pero no deseo hacer literatura en un momento tan trágico, sobre todo porque la literatura no salva a nadie, no le salvará a él y tampoco a mí.
No sé lo que pasó en la suite del Sofitel, probablemente hubo una relación consentida, pero excluiría la violencia sexual, no querría que Dominique Strauss-Kahn se convierta en 'le bouc émissaire' (el chivo expiatorio) de un cierto puritanismo americano, antieuropeo y antifrancés.
No querría que pague la frustrada extradición de Polanski o los sucios juegos de poder político y económico.
Deseo solo que pueda demostrar enseguida su inocencia y volver a ser el hombre libre y sonriente que vi hace unos días.

C'est tout, cordialmente

Carmen Llera Moravia

Voltas e revirivoltas da vida disse...

Causa penal contra Strauss-Kahn a punto de caerse, según New York Times
(AFP) – hace 17 horas

WASHINGTON — La causa penal contra el ex jefe del FMI Dominique Strauus-Kahn, acusado de agresión sexual, está a punto de caerse, señaló el New York Times citando fuentes cercanas al caso este jueves.

Según el periódico, los fiscales no creen mucho en el testimonio de la presunta víctima de Strauss-Kahn y consideran que la mujer de Nueva Guinea ha mentido repetidas veces desde el 14 de mayo, cuando se produjo el presunto ataque.

Los fiscales probablemente dirán el viernes en la corte, cuando Strauss-Kahn hará una reaparición no anunciada antes de la próxima audiencia programada para el 18 de julio, que "tienen problemas con el caso", en contraste con la anterior confianza de acero que tenían en la evidencia en su contra, según el Times.

Se espera que en la audiencia del viernes el juez Michael Obus considere un cambio en las condiciones de la fianza que permitió a Strauss-Kahn, tras pagar una fianza de un millón de dólares, obtener la libertad bajo arresto domiciliario, que incluye la vigilancia 24 horas y una pulsera en el tobillo.

"Es un desastre, un desastre por ambas partes", dijo un funcionario al diario.

Las revelaciones podrían significar un extraordinario giro para el ex director del FMI, en tanto el periódico dijo que podría ser liberado de su arresto domiciliario, debido a las cuestiones que rodean a su acusadora.

El periódico dijo que funcionarios policiales habían detectado interrogantes relacionados con la solicitud de asilo de la camarera de hotel de 32 años, y vínculos no confirmados con la actividad criminal, tales como la participación en el lavado de dinero y el tráfico de drogas.

Varias personas hicieron depósitos en efectivo -que ascienden a unos 100.000 dólares- en la cuenta bancaria de la acusadora en los últimos dos años, y los fiscales habían grabado las conversaciones con la empleada, en las que discutía con uno de esos individuos el pago por las acusaciones de asalto sexual, según el informe.

Strauss-Kahn, de nacionalidad francesa, negó los siete cargos que incluyen el intento de violación de la mujer y agresión sexual cuando ella vino a limpiar su habitación en un lujoso hotel de Manhattan.