Número total de visualizações de páginas

terça-feira, maio 03, 2011

Xosé Carlos Caneiro caga rosas

Enlace
Meterse con Xosé Carlos Caneiro vén sendo na bloguería galega tan tópico como foi en tempos facer leña de María Balteira mediante todos os artificios posíbeis da retórica medieval. Por agora funme safando, pero hoxe non o puiden evitar e apunteime á romería anticaneirista. Picade aí e xulgade se teño razóns.

Se habitualmente Caneiro na súa columna da Voz non se fai rogar con toda canta cursilada lle pasa pola cabeza, hoxe parece unha parodia de si mesmo. "Poema de amor" está escrito por un Caneiro hiperbólico, desatado, impúdico, empezando pola reserva inicial da dama (
"Columna para enviar a (...) Miña lúa, miña flor, meu vento. ") e rematando por "Chove cando te vas. Pero, no regreso, ábrense todos os ceos para de par en par rir".

Sosteño que estamos diante dun malabarista de tópicos sobados que ve (será consciente?) como lle cae unha maza detrás da outra producindo algo semellante a un cataclismo. Se todas as inflamadas aseveracións son de pé de banco, e que lindas ensartadas nun colar!,
o remate non pode ser máis explícito: "Quérote máis cada día que pasa. Por ti existo."

Estou absolutamente impresionada, podedesme crer. Vou facer unha tortilla de xeranios, chau!

4 comentários:

Anónimo disse...

Deixe que os namorados digan os seus tópicos. ¿Que mal lle fixeron?

SurOeste disse...

Cucurrucucúuuuuuuuuuu palooomaaaáá..!

Anónimo disse...

Te he buscado dondequiera que yo voyyyyyy
y no te puedo hallarrrrrrr,
para que quiero otros besos
si tus labios no me quieren ya besarrrrrrr.

Anónimo disse...

A rnvidia é moi mala compañeira!!!
A calqueira nos encantaría que o noso amor nos escribira cousas así, tan fermosas e emocionantes. Pero só a homes como Xosé Carlos lle chegan a inspirar as Musas. Por algo será. !Eres grande, Caneiro!!!