Número total de visualizações de páginas

terça-feira, junho 09, 2009

Onde andas, Karl?


Onte o meu chófer Fermín –que rapaz este, non se lle escapa unha!– levoume a ver unha primicia: o pase dunha obra de teatro de Rubén Ruibal feita para a Escola de Teatro de Narón.
Foi moi emocionante... sen apenas elementos do decorado, sen luces, sen son, sen vestiario, os actores contaban só cos seus corpos para contarnos a historia.

–Que che pareceu? –os ollos de todos pendentes de min; era a única que estaba na sala que non tivera ningún tipo de contacto previo nin co texto, nin cos actores nin co proceso de montaxe, unha especie de espectadora ideal.

–Pois... veredes, eu entendín a historia deste xeito (...) e funme decatando disto naquela escena en que ti... e logo xa vin claro que..., porque ao final é evidente que...

Pero había cousas que non estaban tan claras...
–Iso non estaba marcado– dicía alguén
Daquela eu interpretara certas cousas á marxe da vontade do autor, do director e dos actores. Teriamos para falar meses de todo isto!

Logo houbo máis conversa.

–Dispara!– díxolle o director ao autor cando saïamos pola porta do local de ensaio, mentres os actores quedaban desfacendose das máscaras e reconstruíndose.

Claro!

A historia na cabeza do autor mentres escribe, logo na cabeza do director, que ten que intentar transmitila o mellor que sabe aos actores, poñelos de acordo para remar todos na mesma dirección e, finalmente, que estes a fagan posíbel, críbel, emocionábel... sen esquecer os efectos escenográficos.
-Espectáculo nu ata a derradeira semana! só así saberei que non falta nada imprescindíbel– asegura o director –logo todo o que se engada multiplicará o efecto do que xa temos.

E, por último o que imos ver nós, fascinados espectadores, facéndo nosa a historia imaxinada por Rubén.

Despídete da historia, Rubén, xa falta pouco para a estrea!

5 comentários:

Fermín disse...

;-)

Estoulle en todo! Pois para o trece podo levala ó Jofre, que seica é a última de As Dunas. Por variar: nesta o primeiro pase, na outra a última función...

SurOeste disse...

Pois, se non hai impedimento, apúntome.

Ana Bande disse...

déixome levar polo suroeste ata a eternidade e se pode ser que se represente alí unha comedia do grandísimo Ruibal...

Fermín disse...

Xa fun botar gasolina.

E dígalle á marquesa de Cabins&Shacks que eu levaba no asento traseiro uns papelotes que ela tivo a ben enrugar coas súas nobres nádegas, así que agardo que un día mos autografíe.

O Ruibal grande será, pero borrico tamén é un mundo. O chófer da señora quedou durmido no medio do ensaio. Qué dispendio de palabrerío, mi madriña!

Fermín disse...

E se se apunta o marqués tamén o levo, que o seu santo e o meu aniversario son o mesmo día e podemos festexalo con tres meses de retraso. Por excusas vai ser...