Un día mamá anunciounos que lle iamos regalar unha cámara de fotos a papá, pero que non podiamos dicir nada. Cando chegou o día, fómolo espertar os dous co regalo: parecía un neno na mañá de reis. Despois dunha infancia tan estreita en todo, mesmo no pan –como sempre recoñeceu para advertirnos que a fame existe e non hai cousa máis terríbel– por fin tiña nas mans o xoguete desexado.
En branco e negro ou en color, toda a nosa infancia está rexistrada desde 1970 por aquela cámara Halina Paulette. Hai moitas fotos de festas, viaxes, reunións familiares e roupa de domingo... mais tamén de días normais, dos que se perden no calendario e non paga a pena recordar. Estas son, para min, as mellores, precisamente porque nelas recoñezo todo o que deixou pegada en min: as tardes interminábeis de xogos na aira, os lugares para esconderse, os seres familiares na roupa de cote cos xestos atrapados sen posibilidade de disimulo, e os animais da casa: o can, os gatos, as galiñas, as vacas... E non é que o meu pai fose un artista de especial sensibilidade, senón que ás veces tiña que acabar o carrete para levar a revelar as fotos realmente importantes.
17 comentários:
Estou interesado en saber a historia dese can. Como se chamaba, que facía, se tivo unha influencia decisiva na túa vida (supoño que si, os cans controlan as nosas vidas, menos mal). Gústame a foto. A cámara non era dixital? Non? Que pobreza de medios!
Ese can chamábase Llu,non me preguntes poor que un nome tan raro, e foi un can moi querido, que xogou moito con nós. Máis que problema da cámara penso que é problema do papel granulado que estivo de moda na é poca para as fotos.
Mimá, que fotazas!
Dame a impresión de que, na foto, estades no alto dun carro cargado, qeu aínda non foi desatado...trabúcome?.
Na palleira, que non palleiro (coidado!), da herba seca.
Coñezo perfectamente a diferenza entre un palleiro e unha palleira. Entón vos erades os encargados de "calcala", a herba, para que cabera máis. Tarefa que facíamos moitas veces os nenos, saltando nela.
En alemán, pra decir que alguén ten moitos cartos , din que ten "cartos coma herba seca". Nos adoitamos a decir "cartos coma terra".
Na miña aldea, no era moi frecuente facer palleiros de herba seca. Sólo o facían os que non tiñan palleira. Excepción feita dos que se facían, de xeito moi provisional, nos lameiros, antes de carretala. Había que facelos moi ben, para que non lle entrara moita auga caso de que chovera, e "ripalos" ben. Era unha vergoña si o facías mal e caía.
Carabuñar a gadaña. Aguzala ben aguzada, coa pedra que se matiña húmeda no corno. SEgar facendo os cabañós ben dereitiños, con moito coidado de no cortarse. Esparexer a herba, darlle a volta á hora do máximo calor, empalleirala, angazala...Cantas veces xoguéi a tirarme desde o alto de un carballo a un de aqueles palleiros, anque me rifaran porque o desfacía todo...
Graciñas por despertar en min esas lembranzas.
Exactamente, vivimos no mesmo país.
A min o que me fascinaba de todos estes labores da herba para almacenar e tamén da sega era cómo cambiaban o espazo: a meda do trigo na aira, a herba cortada, revirada, amoreada, carrexada... carreiros inauditos, túneles e covas, o reto de apropiarse do novo espazo alterado nuns días e aproveitalo ao máximo para o xogo. Que máis poden pedir uns nenos e un can?
Qué sorte vivir esas experiencias. Eu nunca subín a un palleiro nin a unha palleira (¿é máis grande ca o palleiro?).
Da miña infancia recordo ir á casa dos avos maternos (en Meloxo, un barrio do Grove). Subiamos ao piorno (como alí se lles chama aos hórreos) e enredabamos. Dalgunha maneira tamén tiña algo de espazo máxico. E tamén recordo cando era da matanza do porco e estaba a casa chea cheíña a rebordar de xente, preparando os chourizos e as filloas (¡que boas estaban!).
E despois a noite de San Xoán, as fogueiradas, a xente a saltar por enriba delas. Tantas cousas. Tantos recordos entrañables.
Eu en Vilaboa tiña uns veciño que nos pagaban aos pequenos por carrexar, ou axudar a carrexar a herba.
Xa ves. Moi boa foto.
Daniel: Unha palleira é unha construcción arquitectónica. Para almacenar herba seca , pero tamén para gardar leña, ferramentas, o carro, etc...
Para min a palleira ten connotaciós moi especiáis. Foi nunha de elas onde eu, a unha edade que no mundo urbano de hoxe escandalizaría, fixen por primeira vez unha cousa, precisamente sobre a herba seca...
Da Cova, non me digas que fuches tu!!!!
hahahahahha
Pois vaia "obra" que nos deixaches no palleiro, amiguiño. Non intentes negalo, hai indicios concluítes acerrca da túa autoría.
Sabía que saldría á luz algún día. A verdade é que sinto un gran alivio de que se saiba por fin...todos estes anos con ese segredo coméndome o fígado...
Inda levo as pallas presas no meu coraçao
Moitas grazas, XDC pola explicación sobre o que é unha palleira. Debe ser algo semellante ao noso alpendre.
Eu falaba de recordos entrañables, pero xa vexo que os teus de seguro que foron moi entrañables e moi intensos e moi agradables e moi ... (ben, ben, paro xa :-) ).
Enviar um comentário