Dizque Samuel Solleiro practica a escrita mecánica e eu engadiría que non fai falta que o xure e que a min xa mo parecía:
"Non é moi diferente de cando fago a lista da compra; coa folla en branco, o meu non é un problema de medo, senón de preguiza e desorganización". ( Salgado, Daniel "Arredor dunha obsesión" en Luces, EL PAÍS, 14/12/2007).
Estamos desexando, eu e outros, ler a súa lista da compra; seguro que lla publican.
"Non é moi diferente de cando fago a lista da compra; coa folla en branco, o meu non é un problema de medo, senón de preguiza e desorganización". ( Salgado, Daniel "Arredor dunha obsesión" en Luces, EL PAÍS, 14/12/2007).
Estamos desexando, eu e outros, ler a súa lista da compra; seguro que lla publican.
11 comentários:
Vaia... o gracioso é que a Mantedora nos deixa na incógnita, a teor das súas verbas, se se trata dun post publicitando ou ríndose do autor/libro mencionado. Deixaremos correr a imaxinación, logo...
Querido Fra: Ti colle o libro e sairás de dúbidas inmediatamente.
post exacto, xusto e merecido: nada que engadir (nin sequera bibliografía, que xa a ten o post e ben reveladora que é)
É un pracer coincidir co distinto Mongoloid!
Pois o título e a portada teñen gancho, aínda que non sei eu que significa o 'dz' (dégré zéro?).
Doulle a razón, Tío, entre a portada e a crítica desmesurada calquera lector crédulo ten moitas posibilidades de picar, como fixen eu, e doar grazosamente un bon feixe de eurazos que axuden a resoplar á Máquina falsaria.
Crítica breve e contundente, si señora.
(si, suroeste, concordo, un debe de sentirse moi reconfortado coincidindo comigo)
vista a súa escolla de filmes tres ou catro psts máis abaixo, permita que dubidemos das súas preferencias estéticas...
Ten razón o anonymous, fixen a lista das 5 películas coma quen fai a lista da compra e así saiu. Confórmense con que, polo menos, ofrézollela gratis et amore e confórmense tamén con que ninguén me vai propoñer para o Nobel de literatura.
Eu xa sabía que ti tiñas un ollo aghudo para isto, Suroestiña!
Enviar um comentário