Acábase o ano. Algúns chegamos case sen folgos. Despois destes días virán outros cos seus retos e os seus desafíos. A vida é unha carreira de fondo e a meta é seguir correndo. Por iso é bon parármonos a pensar de cando en vez. Agora, por exemplo. É indispensábel para resistir hoxe e tamén mañá. Resistir na coherencia, como nos desexaba Torredebabel, na propia coherencia do camiño que nos leva cara onde queremos ir. Como dicía o outro: "estamos en guerra pero hai que reflexionar".
3 comentários:
Sempre no maquis.
Só unha persoa luminosa coma vostede pode agasallarnos con esta ollada e con este chamamento á reflexión e á resistencia no medio dunha marea de consumo e de actos reflexos como os cans de Pavlov. Graciñas!
Ah, sí... resistir. Eu falaría meramente de 'sobrevivir', que xa é moito...
Nesta palabra sempre lembro coñeramente ese verso cómico de Ferrín, pola chulería pavera que rezuma na resistencia derrotada. A saber: 'Xullo, noventa e dous, resistimos, qué pasa. / Os mortos non vingados nos coutan a esperanza. / Zbarski, Adrio, Bóveda, fouces, martelos, patria'.
Enviar um comentário