Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, setembro 28, 2007

Enguedellos

Foto de X.B. Arias

Hoxe permitinme o luxazo de deitarme pola tarde co meu último Bourdieu. Lin e lin e... adormecín seguramente con babas. A tarde foi pasando docemente entre imaxes e enguedellos subconscientes dos que só me arrincou unha inoportuna chamada telefónica. Non era ninguén que eu quixera escoitar, non, era que querían venderme un seguro de calquera cousa. Horror! non era quen de desenguedellarme dela, as miñas defensas estaban ao mínimo.
Non haberá seguros para ter dereito a que non te molesten os feirantes na túa casa?

5 comentários:

Anónimo disse...

Sempre me quedará a dúbida de se serei eu tamén un deses feirantes que de pronto, sen avisar, irrompe na casa virtual de Suroeste. Aínda así, entre o seu Bour'Dieu' e o seu Arias, con esta xa outonal melancolía, aquí estou unha vez máis deixándome enguedellar nesa arañeira sutil das palabras e das imaxes.
Que a estación nos sexa propicia.

Suso Lista disse...

Eu con esa xente do teléfono, volvinme maleducado. Cando descolgo.

SurOeste disse...

Meu querido Pepin, as portas desta casa nunca están pechadas para vostede, pero xa sabe que o vento suroeste cando ten que levantar tellados levántaos. Disposicións inculcadas desde a máis tenra infancia, pouco se pode facer xa...

Suso, o meu teléfono non avisa do número que está a chamar, polo tanto, como saber se non é o tío Pepin ou Bourdieu para saber se estou na casa autoinvitarse a un café?

torredebabel disse...

pois eu coma Suso, cando vexo como comezan, respondo "Grazas, non me interesa" e colgo.

Anónimo disse...

Era eu, muller, ego, je, It was me, o que chamaba. Tanto Bourdieu, tanto Bourdieu e eu que! Me tienes podre. Como dixo o poeta francés:

"tu me tiens podre, mon amour,
quand le telephon tu ne responds pas
de tout".
Colle as chamadas e

"Vente conmigo niña a La Gudiña
la hermosa aldea
donde la nieve abunda y el pino
tea".