
Pierre Bourdieu parécese asombrosamente ao meu avó especialmente nos ollos, pero tamén na boca, no nariz, no pelo e ata nas engurras de expresión. Asegúrovolo, só lle falta a boina. Máis coincidencias: teño entendido que Bourdieu era un home falangueiro e especialmente accesíbel que nunca acabou de perder as súas trazas de campesiño, coma o meu avó quen, por outra parte nunca deixou de selo. Bourdieu revolucionou o campo intelectual de la France nos anos sesenta, setenta e ata que a morte o levou; meu avó tamén revolucionou o campo agricola-gandeiro con innovacións que deixaban aos veciños coa boca aberta e suscitaban burlas e desconfianza no seu campo.
Poderían ser irmáns ou curmáns e beber unha copa de guinda despois de matar o porco, e se cadra remotamente...
Poderían ser irmáns ou curmáns e beber unha copa de guinda despois de matar o porco, e se cadra remotamente...
4 comentários:
ben mirado, tamén se parece moito ao meu tio Pepe que nunca quixo deixar de ser labrego (ainda que ninguén llo preguntou) e que tamén fixo a súa revolución pero como é privada, non a podo contar aquí.
E non será que Bourdieu ten un avó galego emparentado, ademais con nó-las dúas? cousas máis difíciles se viron!
Incríbel!!!
É o Nacho da Pena caghadinho!!!
Incrible, Pierre Bourdieu é cuspidiño a Pierre Bourdieu. No me lo puedo creer.
Enviar um comentário