Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, setembro 24, 2007

Bourdieu arredor de si



A semana pasada atopei un novo libro de Bourdieu na estantería dunha librería: Autoanálisis de un sociólogo. O libro vén sendo unha explicación de si mesmo e do seu traballo onde intenta explicar as razóns que o levaron a decantarse pola socioloxía, ao tempo unha disciplina de terceira categoría, cando podería (en principio, logo xa comprenderemos que non) adicarse e brillar no ámbito da filosofía, a disciplina raíña do sistema escolar francés, e mirarse no espello dun Sartre, por exemplo.
O libro cautivoume desde o primeiro momento (dígovos que a foto da portada remexeume as entrañas, como quedou patente no anterior post) a maneira en que nos conta de que familia vén, a súa durísima experiencia nos sucesivos internados, o acceso, pola porta dos desherdados, ás máis prestixiosas institucións educativas da Francia dos anos 40, a relación ambigua que sempre lle produciu o sistema escolar, de pertenza e repulsa ao mesmo tempo, e, sobre todo, a feliz intuición de que para explicar o mundo social tiña que facer primeiro unha viaxe de volta á súa propia orixe, o seu Bearne natal, un esforzo por obxectivar o seu propio mundo que lle dará as claves para chegar, por exemplo, á noción de habitus ou das estratexias sociais:
"La transformación de mi visión del mundo, que ha ido pareja con mi paso de la filosofía a la sociología, y de la que mi vivencia argelina representa, sin duda, el momento crítico, no es, ya lo he dicho fácil de describir, sin duda porque se compone de la acumulación insensible de los cambios que paulatinamente me han sido impuestos por las experiencias de la vida o que he llevado a cabo a costa de toda una labor sobre mi mismo, inseparable de la labor que estaba efectuando sobre el mundo social. Para dar una idea aproximada de este aprendizaje, que he descrito a menudo como una iniciación (...) me gustaría volver sobre la investigación que llevé a cabo , en paralelo con la que estaba realizando en el mismo momento en Argelia, a propósito del celibato de los primogénitos en el Bearne, (...). Tal vez no esté del todo fuera de lugar considerar como una especie de Bildungsroman intelectual la historia de esta investigación, que, centrándose en los sufrimientos y los dramas que van unidos a las relaciones entre los sexos en la sociedad campesina, (...), constituyó la ocasión y fue el operador de una auténtica converrsión. (...)
Pero, prueba de que el trayecto heurístico tambien tiene algo de recorrido iniciático, a través de la inmersión total y de la dicha del reencuentro que lo acompaña, es que se lleva a cabo una reconciliación con cosas y personas de las que el ingreso en otra vida me había insensiblemente alejado y que la postura etnográfica obliga naturalmente a respetar: los amigos de la infancia, los padres, su comportamiento, sus hábitos, sus rutinas, su acento. Toda una parte de mi mismo es lo que se me devuelve, aquella misma que hacía que les tuviera afecto y que alejaba de ellos, porque sólo podía negarla en mi renegando de ellos, sumido en la vergüenza de ellos y de mi mismo. La vuelta a los orígenes va pareja con una vuelta, pero controlada, de lo reprimido."
Dicídeme se non vos resulta familiar toda esta reflexión.

3 comentários:

FraVernero disse...

Soa un pouco a 'Arredor de Sí', que tanto dunha maneira como doutra ecoa como un eco da nosa literatura e máis aínda, do proxecto do construcción nacional e cultural...

Gosto moito do Bourdieu. Pena que en galego só teñamos un libriño delgado en Laivento, que aínda así é unha excelente introducción ao pensador.

A ver se lle boto máis o dente estes meses que veñen por diante outro francés, Badiou, e a algúns exóticos poetas marxistas (coma o grego Ritsos)

SurOeste disse...

Benvido, camarada, recuperado da penitencia estival?

Suso Lista disse...

Non o coñezo, pero eu tamén teño pensado botarlle o dente. Saludos