Número total de visualizações de página

sábado, agosto 18, 2007

O sistema de Teresa Moure




Leo con interese a entrevista que lle fan a Teresa Moure no suplemento de libros "Protexta" da revista "Tempos Novos". Ela non cre no sistema literario. "Non creo en ningún sistema literario. As persoas escriben soas, cada unha na súa casa, ao seu aire, coas súas influencias... (...) xente que cre na literatura feita dunha forma e xente e persoas que cren cousas completamente distintas. Como podemos definir iso como un sistema? (...)".
Eu compréndoa, debe sentirse tan arriba con tanto éxito, a premio por obra, toque o xénero que toque, que non lle queda outra que ver as cousas desde a estratosfera e entón pode permitirse dicir cousas coma esta : " É que me sorprende que empregues esa expresión creada polos profesores de Teoría da Literatura e polos criticos literarios para prepetuarse a si mesmos e dicir que tamén forman parte do modelo. Un sistema por definición é un conxunto onde os elementos teñen relacións entre si. Se non, non hai sistema. E por mínimamente marxista que sexas necesitas esas relacións. Pero que relación gardan os elementos desa cousa chamada sistema literario galego? Non hai redes comúns, non hai lugares de encontro..."
Máis adiante aínda ten valor para esta  sentencia incendiaria: "Eu cando falo de literatura só me refiro á arte. A institución non me interesa. Á institución hai que darlle unha patada no cu, guindarlle unha granada e procurar que a granada lle dea. (...)"
Eu non entendo nada. E por riba tendo en conta que Teresa Moure é funcionaria dunha potente e prestixiosa institución á que se agarra sen rubor. Por que logo vai sen vacilar a recoller un premio despois do outro? É unha concesión á institución ou o dos premios e o da arte son cousas á parte que non teñen nada que ver? Por que se presta ás grandes promocións publicitarias que se fan coa súa obra, se ela no que de verdade acredita é no "boca a boca" como di noutra parte da entrevista?
E o que máis me fastidia é que: "Lamentablemente para Manolo Bragado nunca penso en Manolo Bragado nin na editorial."
Manolo, se estás por aí, pasa desta soberbia e fíxate en min, que entendo mellor o que é un sistema literario, porque habelo...haino!!!

32 comentários:

Brétemas disse...

Pois si, terei que ler esa interesante entrevista con Teresa sobre o noso sistema literario. Grazas pola información.

SurOeste disse...

Sospeito que, no fondo, o relevante non é que T.M. crea ou non crea no sistema literario galego, senón que é moi probábel que o descoñeza e polo tanto non se sinta dentro del. Se cadra presente que tanto e tan repentino éxito carapultárona cara á República Mundial das Letras directamente onde, malgré tout, é unha periférica non se sabe moi ben de onde.

Anónimo disse...

Aínda máis delirante -porque delirante é o adxectivo que acae a entrevista e entrevistada- resulta o troco de opinións entre Moure e Cid sobre teatro, marxismo (sic) e intervención social.

De libro.

SurOeste disse...

Si, si, delirante-incongruente é unha boa definición: non saber nin do que estás falando mais, por se "ascaso" prender lume e dar patadas no cu.

tío Pepin disse...

Eu non lin a entrevista con Teresa Moure e, confésoo, tampouco lin nada de Teresa Moure. O que resulta curioso é que unha das (poucas) cabezas visibles do suposto 'sistema literario' negue a existencia do mesmo.
Non vou meterme en camisas de once varas, pero non vaia ser que Teresa Moure sen querer acerte. En todo caso creo que o tema é motivo de reflexión e habería que afrontalo dun xeito realista, é dicir, ver seriamente o que somos e o que temos e confrontar eses datos cos modelo 'teóricos' que damos por supostos e que, á vista está, non parecen coincidir coa práctica.
De todos os xeitos, parodiando a Pessoa, non ter sistema literario é tamén un sistema literario ou, de como o anti-arte das vangardas encheu as institucións ártísticas.
Pero falo de oídas.
Polo demais, en realidade eu creo que o sistema literario galego (supoñendo a súa existencia) está contido dentro do sistema literario manolo-rivas e, como ben sabemos, o sistema literario manolo-rivas é complexo e desborda o suposto sistema literario galego.

Anónimo disse...

Non vou entrar en se a Moure atina ou non, e a fe que a problemática do sistema ou non literario galego ou non pode merecer reflexión. Do que falo é de que toda unha profesora de universidade e de filoloxía e novelista de suceso -ao cabo, cal é a distancia entre Herba Moura e Isabel Allende ou Carmen Posadas?- non é quen nin de ofrecer dous argumentos minimamente serios sobre unha afirmacións que máis ben semellan Feijóo está mañá na prensa madrileña dicindo "Sé que dicen que soy homosexual".

SurOeste disse...

O tío Pepín, coma sempre, epátanos coa súa graza verbal, aínda a custo de dicir algo razoábel.
Eu recoméndoche, Pepín que:

a) leas a entrevista
b) leas algo de T.M.
c) leas algo na wikipedia sobre o sistema literario. Busca Even-Zohar e Bourdieu.
d) non lances granadas nin deas patadas no cu sen completar os puntos anteriores.

Non che vaia a pasar coma á Moure que non sabe do que fala.

E por último, gustaríame que non tiveses unha visión tan reducidamente madrileña da literatura galega. Hai vida máis alá do pais de El Pais.

tío Pepin disse...

Serei humilde e procurarei seguir os consellos de Suroeste, todos menos o a) e b)(polo de agora, que nunca se sabe).
Pero (os peros, xa se sabe):non pretendo ir de especialista e, por suposto, non vou ser eu o que lle dea ou lle quite a razón a T.M., unicamente insisto (dende a ignorancia) en que resulta chamativo o paradoxo e, os/as que si sodes sabios/as deberiades, con Bourdieu ou sen el, aclararnos ós legos se hai ou non hai e, o que é máis, quen decide e quen non decide e, máis aínda, quen define e como define.
Entre tanto eu seguirei polo de agora coa miña inoportuna relectura de Bernhard en español e co Philip Roth en portugués. Síntoo pola Moure.
Bicos.

SurOeste disse...

Meu querido e humildoso Pepín:

unha persoa escribe un produto literario (chmémoslle arte, se queredes) que se achegue máis ou menos ao que os receptores agardan e que rache máis ou menos coa tradición (esa pesada carga que máis ou menos todos levamos ao lombo). Ese produto artístico-literario comercialízase, recibe (ou non) apoio económico dunha institución pública ou privada en forma de adianto para a súa creación ou en forma de premio. Ese produto, en canto que é tamén un produto comercial) é obxecto de campañas publicitarias que animen aos posíbeis lectores a mercalo e, mesmo decídese lanzalo como mercadoría cara a mercados máis extensos. Eu, lectora habitual de produtos literarios semellantes recibo información desde a prensa diaria, desde revistas máis ou menos especializadas, desde os poucos espacios adicados á literatura na radio e na televisión. Teresa Moure xa case é unha coñecida da familia. leo as entrevistas que lle fan. poño un post para comentar as súas, para min sorprendentes, tomas de posición en canto ao espazo literario en que se move e en canto a ouutros temas sociais. Intento facelo dun xeito respectuoso pero que anime á discusión.
Isto é campo literario/sistema literario, non lle deas máis voltas.
De todos xeitos, deberias facerme un pouco de caso e ler, como che propuxen hai uns meses, a Bourdieu. Non sei se o recomendan en Babelia, mais aínda así...

Por agora só o anónimo está en condicións de discutir do asunto, en principio simplemente porque leu a entrevista.

tío Pepin disse...

A ver, Suroeste, xa sei que non debería seguir intervindo, que esto está á altura do anónimo e non é cousa miña, pero (de novo) resulta que o 'problema' ó que se fai mención no teu post é o mesmo que trata con extensión o libro 'Arte e parte' de Borrazás e, curiosamente, non hai máis dun mes que debullei as súas páxinas.
Por que será que o autor coincide e incide dalgún xeito na mesma idea? Cito: 'Son un autor galego, dicía na banda lusa da raia, pero non fago literatura galega, coma os compañeiros da mesa non fan literatura portuguesa. A historia da literatura, coma as literaturas nacionais, non forman parte da práctica literaria; son algo externo, e ás veces alleo.'

SurOeste disse...

Deussss, Pepín, non estamos a falar de nacionalismo literario, de facer patria a través da literatura, estasme misturando todo o debate. Compra o Tempos novos deste mes e le a entrevista.Vén outra con Cristina Peri Rosi tamén moi interesante.
E o que máis me amola é que non te dignaches sequera a poñerme un comentario ao post do can nin ao dos pícaros, co ben que quedaría aí unha disertación decadente.

torredebabel disse...

Teño un libro de Teresa Moure para ler pero non teño ainda o tempo para lelo (digo eu que quedará para as vacacions). De xeito que non sei se é boa ou mediocre escritora. O que si sei, polo moito que levo lido dela na prensa, é que entende perfectamente a lóxica dos medios de comunicación (sobre todo a prensa) e que fai uso das súas primitivas normas cun virtuosismo que -quen sabe facelo- non necesita na súa literatura porque ten 3/4 partes do camiño feito.

Suso Lista disse...

Tes a resposta a tua pregunta no meu blog, do que se fala aquí, non me meto nin por asomos, pero eu si leín a entrevista aT.M., e son da idea de SW, desde o meu humilde punto de vista de escritor percebeiro, con toda a sua obra nun blog. Interesante este espacio.

SurOeste disse...

Suso, se serei burra que estiven pensando quen sería SW. A pouco máis e vou á wikipedia. Grazas por todo.

Anónimo disse...

Son o presidente da Asociación para a defensa de Teresa Moure (APDTM), acabada de crear (onte) e pendente de subvención (que xa tarda). Queda vostede, dona Suroeste (que nome máis raro, será en sánscrito?), retada a un duelo (escolla as armas, prohibidas as dialécticas que me gaña).
Un cabaleiro ofendido.

Sir Gawain disse...

Afortunadamente non son un neofito nin un distinguido dilentante...

otra vez con sentimiento...

esta e unha fermosa cancion para suroeste, o tio pepin e para a cenutria de Teresa Moure...

Bicos para todos


http://www.youtube.com/watch?v=3vWm47yPLGc

Anónimo disse...

Cenutria tampouco é mala definición, non señor.

SurOeste disse...

Anonimous Presidente da APDTM, xa sei que es, agardo aos teus padriños. Espero que traias lida a entrevista ao duelo.
Música celeste, querido Gawain, para amansar os feroces espíritos.

tío Pepin disse...

Aclaración:
O tío Pepin nada ten que ver con ese anónimo de marras, e dígoo porque creo que Suroeste está pensando nel cando lle pon identidade.
Nunca fago comentarios como 'anónimo', sempre como tío Pepin, o que xa me parece en sí un anonimato dabondo.
E aproveito para agradecerlle a Gawain o banano/veleno (tres paxaros dun tiro).

Anónimo disse...

Dona Suroeste: Comunícolle que para este sábado, en Compostela, a APDTM, convoca unha manifestación, que agardo sexa multitudinaria, co lema "Sistema literario: vaite da Nosa Terra". Durante o acto perpetraranse os seguintes slogans: "TM si; Suroeste non"; Sistema literario: lambón, paramecio, sacaúntos". Sistema literario: sábenche as granadas? Pois, TOMA!
Sairán autobuses dende todos os concellos de Galicia, que pararán en todas as parroquias "con regreso a la terminación".
Como somos unha asociación antisistema, sairemos da Quintana para rematar na Alameda.
Logo, o noso inevitable duelo (estou obrigado polos estatutos da APDTM.

SurOeste disse...

Glups! Anonymous, vaia vostede no autobus se quere, eu penso ir en cabalo e non me hei desmontar nin diante da mesma divina T.M.
Tio Pepin, imaxino en que bando estarás, traidor.

gael disse...

Atacar a divina individualidade dos creadores sempre lles resulta molesto e, a teoria dos polisistemas Even-Zohar e a dos campos sociais de Bourdieu (hai outras como a memetica)
amosan algo evidente: que somos seres sociais por excelencia. Non vou a expoñer de forma resumida esta teoria que xa a explicou perfectamente a xefa do blog, pero para non cuspir ao aire recomendo encarecidamente que se lle bote unha ollada a estas propostas teoricas. A de Even-Zohar esta dispoñible na sua paxina persoal (www.even-zohar.com). Se resulta farraghoso os texto no libro de Anton Figueroa, Nación, literatura, identidade : comunicación literaria e campos sociais en Galicia . Unha vez feito isto, enton discutimos

tío Pepin disse...

Pero en que quedamos, estamos ou non a falar de nacionalismo literario? Hai que citar tamén a Homi K. Bhabha ou so interesa a teoría dos polisistemas? As taxonomías son fermosas, eso tamén o entendeu Foucault no arranque de 'Las palabras y las cosas' recollendo un maxistral fragmento de Borges.
E si, unha cousa é o acto da creación e outra ben distinta/distante o da clasificación do creado.
Ou serán galgos ou serán podencos, pero ó galgo probablemente lle importe pouco e ó podenco outro tanto. E eso non quita que sexamos seres sociais por excelencia, faltaría máis. E que lle vamos facer, eu identifícome máis con escritores (por falar de literatura) doutros supostos sistemas literarios ca do supostamente meu, o que non significa que no supostamente meu non existan tamén outrosos que me interesan. En que gaiola metemos a Kafka, a Joyce, a Kundera, a Becket, a Bernhard, a Senghor, a Walcott, a Cortázar, a Valente, á mesma Rosalía?
E agora xúroo por Even-Zohar, por Bourdieu e por Teresa Moure, non meterei máis baza neste enterro.

p.s.: Suroeste, a pesar dos pesares, eu sempre do teu lado, aínda que non teñas razón ou, moito peor, aínda que a teñas e eu pense que non.
Bicos.

p.s. 2: nunca serei o anónimo, quede claro.

pesado tío Pepin disse...

Suroeste decide facer reformas. Están quedándolle ben, moi ben: o Arno baixando cara a Firenze para atoparse co lixo sen recoller , etc. Parabéns.

Anónimo disse...

HISTORIA CALAMITATUM
A manifestación de onte en Santiago en contra do Sistema literario foi un rotundo fracaso. Os 15 mil autobuses contratados chegaron baleiros, moitos deles mesmo sen condutor. As trinta toneladas de queixo que iamos degustar no Piñeiral de Bonaval apodrecen no salón da miña casa. Recoñezo que me tentei enfrontar a Suroeste sen coñecela, pensando que era de la clase artesana; agora decátome de que é unha muller poderosa, que controla os medios de comunicación, os transportes, a política; agora decátome de que posiblemente estea emparentada coa realeza. Eu que procedo da máis ilustre familia de Galicia, descendente directa de Luci, véxome a pedir polas portas. Tiven que vender os pazos familiares, as viñas, as devesas, as cortiñas, os lameiros, para sufragar este soño que durou tres días. Si, Suroeste, véxote a rir ás gargalladas mentres les estas liñas, comendo un groso coxote de polo, no teu pazo, sen dor pola fin da estirpe fidalga que pensaba noutra Galicia sen SL. As nosas son vidas non paralelas; ti no cumio, eu na Lama (provincia de Pontevedra). Oh, cruel e desmesurada, despídome de ti e do teu blog. Non me lembres.

SurOeste disse...

Vaiche boa!

opinión disse...

Pois sí, lendo as opinións dalgúns sobre Teresa Moure sempre chego a mesma conclusión: a envexa segue sendo o deporte preferido de moitos os que se lle fai imposible dixerir o éxito doutros e, ainda máis, se eses outros son mulleres...
Unha pena..

SurOeste disse...

Señor ou Señora Opinión.
Eu no meu post emito unha opinión crítica acerca das declaracións de T.M. nunha entrevista, en ningún momento entro a valorar o seu traballo literario. CAndo un personaxe público como T.M. emite opinións polémicas coma as que aparecen reflectidas na entrevista debe estar disposto a que xurdan opinións diverxentes. E non hai máis, o argumento que vostede utiliza (que eu a ataco polo feito de ser muller e que no fondo estou movida por unha inconfesábel envexa) paréceme misóxino, pero enfín, se non ten outros mellores teremos que conformarnos.

Anónimo disse...

Sr. ou sra. Opinión:

É vostede brillante, case tanto como a entrevistada en cuestión.

Noinipo disse...

Previsible, era previsible. Como somos tan previsibles? Xa, a envexa, claro; as mulleres contra as mulleres, claro. O de sempre, madia leva!
Quen pode acusar a unha persoa de ser "envexosa" por expresar unha opinión sobre unhas declaracións feitas por outra nunha revista? Os sacerdotes/sacerdotisas do culto, xente afeita a ler as escrituras e que despois son incapaces de descifrar os textos que non son sagrados. Ben dicía Suroeste, citando o anónimo admirador, que non se collen os matices das súas palabras, algunhas cheas de retranca (Manolo, se andas por aí...). Se mesmo o pobre pailaroco (é cariñoso) que convocaba manifestacións en contra do sistema literario tiña algo de gracia (pouca pero esforzábase)! Por que raio lle ten envexa Suroeste a Teresa Moure? Suroeste é tan boa coma ela e ten tanto dereito coma ela a dicir o que lle praza, expoñendose, como o fai, ás críticas serias. Si, non publica en Xerais (supoño, se cadra si) pero escribe neste blog onde podemos gozar, e moito, das súas palabras coma hai xente que goza coas de Teresa Moure. Somos un país tan pequeno que temos medo de que nos sinalen co dedo mentres paseamos pola rúa (é xenético?). E, tamén, moito respecto cos santos da corte celestial, isto sempre, non sexa que nos manden o andacio. Pois, ánimo, Suroeste, agradézalle a "opinión" a súa mensaxe. É o mellor aliciente para seguir escribindo. E non se conforme.

SurOeste disse...

Buenoooo......
Fagan xogo, señores!
Estou encantada, hai debate por fin -ergo, hai sistema literario- afiemos os coitelos dialécticos e fagamos chorizos (os de Ourense chourizas) dos adversarios, eu xa traio o pimentón doce e picante (que non falte) e mailo ourego.

Anónimo disse...

Si, chámanme pailaroco. Moi cariñoso. Vou ingresar no cárcere da Lama por non pagar o queixo (e iso que estaba de oferta) e o condanado do noihipo ese pensa que andaba a facer chistes. Cruel país.