Número total de visualizações de página

quinta-feira, agosto 02, 2007

as pernas das mulleres



Da miña infancia lembro moverme sorteando pernas de mulleres. Eu era moi pequeniña, claro, eu mesmo andaba ás gatiñas entre as pernas delas e tocaba as medias ou a pel suave e non había vez que non sentira a necesidade de mirar para arriba, coma quen busca o sol no medio da fraga. Porque as pernas eran a parte visíbel do corpo misterioso e atraente das mulleres: as pernas de Sara branquiñas coma a neve despois da medias negras cando se dobraba sobre o lavadoiro, as da Tía Josefa por baixo do mandil (e da saia e do refaixo) mentres pelaba unha mazá, pernas abertas e dispostas para acoller os nenos que ían deitar alí a súa cabeciña, -Quen está aí?, -O quiquiriquí!, -Pois vaino buscar e traino aquí; as pernas rexas de Pilarita, co cu apoiado na cociña de ferro de moita conversación e risas, as da miña nai, vistas e non vistas, dobrando roupa e preparadas xa para ir facer outro labor.
Hoxe pregúntome por que os corpos dos homes estaban fóra totalmente deste engado misterioso que tiñan os das mulleres e non eran para nós, os nenos, obxecto de curiosidade nin, polo tanto, de desexo. E se cadra xa o sei.

5 comentários:

tío Pepin disse...

O réptil da infancia saiu do letargo da sesta e enroscouse polas pernas das mulleres á sombra das saias. Veremos que pasa cando chegue máis arriba en que queda a cousa.
Sempre agardando.

torredebabel disse...

quen sabe... se cadra, porque tradicionalmente van máis vestidos. Se cadra, porque non teñen o lume da vida que da vida. Se cadra, porque cando nenos eses corpos masculinos nos son máis alleos que os dos nosas nais. Se xa o sabes, podíasmo dicir?

Anónimo disse...

Que foto tan bonita, é túa?

astuto disse...

As pernas das mulheres como todas as grandes parceiras, também um dia se têm de apartar.

Saúdos.

Isabela disse...

Que maravilha!
Sabes, eu acho que as mulheres têm um mundo delas. Um mundo de cumplicidade e mistério que é diferente do que partilham com os homens. Podemos ter filhos com um homem e dormir com ele todas as noites, mas uma mulher é mais carne da nossa carne, e eu sei lá explicar porquê. Se calhar é tão só a cultura.
Por exemplo, eu não tenho vergonha alguma de me despir frente a outras mulheres, mas quando são homens, sinceramente, não é o mesmo, mesmo se for o nosso amante. É diferente a forma como me dispo perante um homem. Não tem aquela inocência tão grande. A tal cumplicidade.
As mulheres são fascinantes. Mais do que os homens, que são tão prosaicos. Não todos, claro. Alguns são uns sonhadores sem freio, e há que fazê-los descer à terra. Mas a maior parte dos homens são muito... extraterrestres.