Número total de visualizações de páginas

terça-feira, agosto 28, 2007

Escenas da vida doméstica

ODEUSA: Pensa un país.
TÍO PEPIN: Xa está.
ODEUSA: Está no hemisferio norte ou no hemisferio sur?
TÍO PEPIN: No hemisferio norte,
ODEUSA: Ten mar?
TÍO PEPIN: Ten.
ODEUSA: É máis ben grande ou máis ben pequeno?
TÍO PEPIN: Máis ben pequeno.
ODEUSA: Foi socio-fundador da OTAN?
TÍO PEPIN: Non tal.
ODEUSA: Foi satélite da URRS?
TÍO PEPIN: Algo máis ca satélite.
ODEUSA: É unha república báltica?
TÍO PEPIN: Será.
ODEUSA: (moi excitado) É Lituania.
TÍO PEPIN: (sobrado) Non.
ODEUSA: É Letonia.
TÍO PEPIN: Non.
ODEUSA: Estonia, pois.
TÍO PEPIN: (con cara de sádico triunfante) N0n.
ODEUSA: Cabrón, vouche...
SUROESTE: A cearrrrr!!!
TÍO PEPIN: Ti primeiro.
ODEUSA: De ningunha maneira, ti primeiro.
TÍO PEPIN: Non, ti.
ODEUSA: Pónteme diante agora mesmo.
TÍO PEPIN: Non me fío un pelo.
ODEUSA: Nin eu.
SUROESTE: Estou agardando, vides ou non?
TÍO PEPIN: Os dous ao tempo.
ODEUSA: Vale.
(os dous míranse de esguello e reghañan os dentes)
TÍO PEPIN: Unha, dúas e...
SUROESTE: (radiante cunha tarteira fumeante nas mans) Tres!

18 comentários:

Anónimo disse...

Dos misterios da Santísima Trindade:
que haberá na tarteira?
Eu case que vou seguir agardando (paso).

SurOeste disse...

Señor Pepin, mantéñaseme á espreita coma un vello raposo desconfiado. A tarteira é una metáfora, mais vostede coa súa absoluta falta de ousadía non vai ser quen de descifrala. E non serei eu quen lle dea o traballo feito.

Anónimo disse...

Que haberá na tarteira? Unha caldoubada. Pensaba que Suroeste era unha señorita de caldo á merenda pero, non, agora resulta que é á cea. Sempre me sorprende. Eu querería pasar pero sei que boi vezado volve ó prado. Non lle hai outra, T. P.
O. P.

Anónimo disse...

E xa que me quento dígolle máis, Suroeste: bacuriño de celeiro non quer compañeiro. Si, le es una mitáfora, también.

SurOeste disse...

Outra vaca no maínzo!

Anónimo disse...

Prá semana volvo ó traballo e non sei se terei vagar para seguir este blog. Polo rabo da culler, sobe o gato a ola e teño medo. Decateime, vendo o que aquí se escribía, de que ben sabe o demo o trangallo que racha. Estou triste: o boi que me acornou, ben me escarmentou. Bah, mellor así: lonxe dos ollos, lonxe do corazón e quen logo esquece, axiña arrece, que dixo o outro. Para despedirme só lle quero dar un consello a Suroeste, un dito popular moi común na miña aldea da provincia de X que foi unha das primeiras cousas que aprendín, de moi cativo, mentres alindaba as vacas no monte: Inter calicem et os multa cadunt.
Odeus
Odeusa

SurOeste disse...

Odeusa, a porta deste blog estaralle sempre aberta. Eu sigo, de momento tecendo a miña tea entre estraños e asiduos, entre adoradores e detractores, portas abertas!

Anónimo disse...

Deus llo pague, que é señor que pode.

Anónimo disse...

De interese para Suroeste.
Tirado da edición de hoxe do xornal comarcal "El Heraldo del Bollo".
"Ayer se produjo un luctuoso suceso que ha conmocionado a toda nuestra comarca. El erudito local, F. L. Cudeiro, residente en Barcelona, colaborador de nuestro periódico en el que firmaba con el pseudónimo de Oudesa Polo, falleció durante la comida de la XIV "Festa de exaltación dos macarróns recheos de bicarbonato", en Perralleiros, delicatessen que cura el dolor de estómago inmediatamente después de producirlo. Los médicos que lo atendieron nada pudieron hacer por su vida y apuntan como causa del óbito una escasa presencia de bicarbonato en el relleno de los apestosos macarrones. La redacción de nuestro periódico lamenta la pérdida de tan insigne colaborador que nos ilustraba con su espantosa erudición". [Continúa con detalles do sepelio]
Suroeste, douche as miñas condolencias porque ben se vía que che tiña aprecio. Somos como nubes que pasamos nunha tarde de verán, lonxincuas, velaíñas.

Anónimo disse...

Conmocionado pola nova do pasamento de Odeusa Polo, quero lanzar dende este blog unha iniciativa que será do voso interese: propoño que a Cidade da Cultura pase a denominarse "Templo de Odeusa Polo". Creo que dedicar esta magna obra ó estudo da vida do esgrevio erudito, morto en tráxicas circunstancias, fará que rematen as desavinzas que existen entre os partidos políticos sobre o proxecto iniciado polo anterior goberno e continuado polo actual. Ademais de ser un centro cultural servirá como lugar de culto para os múltiples peregrinos que acudirán a honrar a memoria de Cudeiro. Ánimo, se conseguimos 3.000.000 de sinaturas, creo que poderemos facer presión no goberno.
Odeusa: Sic tibi terra leuis. Lembraremonos de ti no Monte Gaiás.

SurOeste disse...

VAIA NOVELA!
E logo, non o cantratarían para unha teleserie da galega con Miguel de Lira de protagonista?

Anónimo disse...

Novela? Pode ler a noticia en www.elheraldodelbollo.com. Mañá, en La Vanguardia, cidade en que residía F. L. Cudeiro, sairá unha completa nota necrolóxica.
Para asinar, e conseguir a nova dedicación do Monte Gaiás, vaia a www.tanoudeusacomoodeusa.com. Acabo de falar co presidente da RAG, que me chamou no momento en que soubo a triste nova, e confirmoume que o Día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado ó ilustre defunto.
Suroeste: que é a realidade e que é a ficción? Sorprenderíase, por exemplo, se soubese que tanto vostede coma min, e todos, somos programas de ordenador que soñamos que existimos.

SurOeste disse...

Non agardaba en vostede unha saída calderoniana ao xeito, ubicábao máis ben nos epígonos de Otero Pedrayo. En calquera caso, seguro que é vostede católico a ultranza, dos de Rouco ou máis alá aínda.

Anónimo disse...

Suroeste. Unha cousa é a crítica e outra o insulto: mira que chamarme epígono! Preferiría outra aldraxe menos forte (pirónamo ou así). Si, sonlle católico: nunca seguín as erradas doutrinas de Caldero e por iso non entendo o da saída "calderoniana". Non sei como adiviñou que estou un pouco rouco: as mañás de agosto foron frías e collín algo na gorxa cando ía á misa. Parece vostede a Pitia, unha da miña parroquia que tiña pitas e era vedoira. Nefeuto, son de misa diaria. Cando veña pola miña aldea e pregunte por min diranlle: Vaiche na misa!
Poreim, engánase cando di que son de "Mais alá". Ese é un lugar, indeterminado, da parroquia do lado: xente ruíña. Sonlle de Trouzós, catro veciños e cinco ladrós (porque o señor abade, bueno, non me faga falar que logo todo se sabe e este blog parece a porta da vila).

Anónimo disse...

Ben, xa estou canso de dicir parvadas. Pídolles desculpas a todos os lectores deste blog que tiveron que aturar o meu humor estraño. Deixarei que estas páxinas sigan o seu curso e tranquila a Suroeste.
Súmome. César Antonio reclámame con insistencia para un labor teleolóxico. Lede os xornais nos próximos días.

llll disse...

pero quén carallo é tio Pepín? leva deixano dende hai tres anos ou así comentarios no meu blogue, sempre extraordinarios, e segue a ser un misterio a súa identidade...

Anónimo disse...

Devoutness casinos? inquire into this immature [url=http://www.realcazinoz.com]casino[/url] artifice and synthetic online casino games like slots, blackjack, roulette, baccarat and more at www.realcazinoz.com .
you can also into our blooming [url=http://freecasinogames2010.webs.com]casino[/url] button at http://freecasinogames2010.webs.com and oppress establish effusive !
another late-model [url=http://www.ttittancasino.com]casino spiele[/url] within an eyelash of is www.ttittancasino.com , because german gamblers, away with a leave in manumitted online casino bonus.

Anónimo disse...

top [url=http://www.xgambling.org/]casino games[/url] brake the latest [url=http://www.casinolasvegass.com/]online casino[/url] free no consign bonus at the foremost [url=http://www.baywatchcasino.com/]casino gratuity
[/url].