Ten fibra e sensibilidade. Ten xenio e beleza. É a miña irmá pequena, traballadora incansábel, sempre de aquí para alá, ás veces en ningunha parte en concreto, parécelle que vai perder pé, que o mundo xira ás súas costas cando é ela a que xira arredor do mundo, alumánndoo todo, arrincándolle os máis fermosos sons nas cordas do seu intrépido violín barroco.
Desde que era pequeniña admirei eu esas mans e os longos brazos morenos que se ían disciplinando no violín. Cerne puro, nosa Sabeliña, cifra máxica de todos os soños artísticos da nosa familia de artesáns e labregos.
Desde que era pequeniña admirei eu esas mans e os longos brazos morenos que se ían disciplinando no violín. Cerne puro, nosa Sabeliña, cifra máxica de todos os soños artísticos da nosa familia de artesáns e labregos.
17 comentários:
Prezo saber que sois uma família de artistas! Muito bonita a tua irmã e a paisagem que se vislumbra pela janela! Mui galega!!
Saúdos!
É bonita assim como tu.
Eu conheço esta janela, caramba!
Por moitos anos.
Estamos de janelas abertas, por moitos anos!
Olá!
Sexta feira dia 13 de Abril, aparece na Sala Escarabajo em A Guarda, para uma noite punk com Skarmento (Lallin), Ultima Sacudida(Lallin) e Azia (Barcelos).
Beijinhos
Vaia, quédame un pouco lonxe e non me dá tempo a facer unha cresta!
Obrigada e bicos de todos os xeitos!!
Quen dixo cresta? Ollo! ...para galo, eu!
Ouuuuu, qué bonito. Nada menos que un canto de amor fraternal por parte da nosa Suroeste, sinalándonos outra presa do Horologion, unha Zéfira soplando lenemente a través das cordas do violino...
Aí, aí, hai que turrar cara a casa, en concerto mutuo e ledicia!
Paseme vostede unha foto, ciumento Fra, e son capaz de facerlle un post á medida da súa vaidade.
Por certo, foi vostede o único que non celebrou a beleza da miña irmá, vou ter que baterme con vostede en singular batalla.
Agradécese o convite, Suroeste, anque como a miña vaidade é infinita, nunca darías feito un post a medida...
Canto ás louvanzas (rosa/rosae) da súa irmá pequena, o Galo-Galo tampouco se pronunciou (Galo de Morón, e lle damos un acento Cubano). É digna de cantigas de amor cortés, ás que ela podería poñerlle a música, eu a quebrada voz.
Estimado camarada Vernero:
non debería deixarse guiar pola conduta do Tío Galo ou poida que acabe cos espolóns recortados. De todos xeitos eu penso que nesta ocasión simplemente optou por deixalo pasar(por se soaba demasiado contundente) sabendo, como sabe, que está en observación
Pois entre o Fra e Suroeste van facer que este galo diga que xa lle gustaría ter unha galiña así no seu galiñeiro, pero, por se non é correcto dicir tal cousa, prefiro quedar calado.
Tío Galo
Está vostede sobreactuando, faga o favor!
nas verbas que lles adicamos aos nosos irmáns vense a miudo mais cousas nosas ca deles. Certamente, a túa irmá ten un anxo que chega a esta beira dende esa foto. E ti tamen! ese chega non dende a foto, senón dende o que anotaches. Apertísimas!
Bicos, alta Torre!
E ten mozo a rapariga? :D
A suroeste vai saindo do anonimato... despois disto, vades ter os paparazzi apuntando desde a leira da veciña!!
Non me fastidies, Pablo! Queres dicir que xa non vou poder saír en bólas á sacudir as alfombras?
Enviar um comentário