Número total de visualizações de página

segunda-feira, abril 23, 2007

As vilas galegas


Mondoñedo posúe un certo aire ancien régime, mesmo un certo rancio ancien régime, que ten para o forasteiro moitísimo encanto. Eu non sei se sería capaz de vivir en Mondoñedo, tanta catedral, tanto pazo arcebispal, tanto seminario, tanto... cura, en definitiva, dominándoo todo desde as súas atalaias e subterráneos.
Se eu vivise en Mondoñedo estaría, naturalmente, ao meu e non iría á misa, ou se cadra si, iría ás misas todas, mesmo aos rosarios e acabaría informándome das ramificacións familiares e das súas estratexias económicas e matrimoniais, de a quen lle foi ben en Cuba e quen volveu co posto, se houbo sindicatos anarquistas na República e onde estivo o seu local social, onde os mataron e se lles quedaron fillos.
Como non vivo en Mondoñedo, non sei a quen hai que felicitar pola magnífica rehabilitación que están facendo no centro histórico, nin sei se nesas casas magníficas con tellados e ventás novas vai vivir alguén, nin se unha intervención urbanística coma esta significa que a xente volve os ollos ao patrimonio espedazado, que o valora, que o ama e que está disposta a darlle vida. Quero pensar que si, que o que eu vin en Mondoñedo é o principio dun novo capítulo para as nosas vilas.

Por certo, o cableado si que parece non ter remedio.

15 comentários:

astuto disse...

Realmente, os cabos não ficam propriamente bonitos. Nem os cabos nem pratos das antenas de satélite. Mas isso é por todo o lado...

Centro histórico bonito, parecidíssimo com o de Guimarães.

Está finda a série das bananas, eu compreendo :-(

Saúdos.

SurOeste disse...

Ah, Astuto, eu sei que ficaches agardando pola túa banana...verei que podo facer.

torredebabel disse...

Se eu vivise en Mondoñedo tampouco iría á misa. Moito menos logo de ver algunhas fotos dalí. Bueno, de feito vivo en Bos Aires e tampouco vou... Apertísimas!

tío Pepin disse...

Cousas que se poden facer en Mondoñedo... con un plátano.

astuto disse...

Não te preocupes com a banana :-)

Foi no 25 de Abril que um cravo se cravou no poder senil!
25 de Abril Sempre!!
Tenho um vídeo emocionante no meu blogue com imagens do 25 de Abril de 74.

Saudações libertárias!!

FraVernero disse...

O vello é bonito á súa maneira... sobretodo porque agora queda reducido a pedra e cousas artísticas, e non á suxedade, miseria, a fame, madeira podre... e no político, o feudalismo, a tiranía eclesial, o puritanismo...

Quizais o noso Mondoñedo Cunqueirián furrule como o equivalente de Rouen franchute, cidade vella e venerable, estourante de historia.
Fourier detestábaa...

Ana Bande disse...

Eu lembro ter coñecido en Mondoñedo un home curiosísimo que me contou cen mil historias nunha mañá de inverno nun local vello oscuro e húmido (que diria Quico Cadaval...) onde se mesturaban curas, liortas familiares, curiosidades e lendas do lugar que hai moitas...ei de buscar a foto que lle fixen para ver se aínda segue a facer proselitismo do seu pobo, un auténtico guía turístico da terra

SurOeste disse...

Ah, polo comentario de Ana Bande parece que os meus neurotransmisores estaban a funcionar correctamente en Mondoñedo.
Poderemos esperar por un post con algunha desas historias truculentas, A.B.??

SurOeste disse...

Non perdades isto:
http://anabande.blogspot.com/2007/04/o-chocho-de-santa-catarina-unha-lingua.html

astuto disse...

Suroeste, um "Thinking Blogger Award" para ti!

Cumprimentos.

Ana Bande disse...

Non sei se lembrarei material suficiente para compoñer un post pero como son ben mandadiña ei compoñer algo para vostede Suroeste...¡apertas!

jeremy disse...

é muito bonito esse centro histórico... bom fds

JPT disse...

cumprimentos de D. Francisco

Musgallo disse...

Ah, Suroeste! nada coma unha boa camiñata á tardiña para parar na fonte da igrexa e entrar nela. Nos tempos en que xa non é purgatorio de ánimas vivas, non hai maior remanso de paz ca unha igrexa. Estase fresco, fresquiño, con toda aquela pedra e arrecendo a incienso...e arrecendo a flores de vivas cores (joder! parezo a Matute). Nnca pensastes en que a igrexa é coma un botijo (non sei cómo se di en galego, demajuana?)e nós grolos de auga e algúns de viño? E ás veces, o párroco está tan inspirado que ofrece un plus ao seu sermón xa de por si surrealista sempre.

SurOeste disse...

Musgallo! sempre benvida.

a verdade é que en moi pooucas igrexas atopo eu esa paz e sosego fresco que ti dis. A maioría están inzadas de mensaxes acusadores que me xebran dese ambiente. Por non falar da imaxinería "gore" tipo corazóns sangrantes, dolorosas apuñaladas, ollos nun pratiño e todo iso. Vós ben sabedes...