Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, abril 04, 2007

10 cancións a través da vida

As cancións da miña vida, as canc.... ¡Este post debédesllo a Fravernero que me tirou unha luva moi garelito el!
algunhas das cancións da miña vida que máis se me apegañaron foron as que cantaba José o verghueiro mentres pelaba, cortaba, esqueiraba a madeira para facer cestas: Donde estarán nuestros mozos, que a la cita no quieren venir....  zarzuela, adiviñastes, que era o que se lavaba nos anos en que fora mozo.

Pero estamos na época ye-ye amigos, e os meus pais eran novos e galeguistas, por iso compraron un pick-up e varios sigles e un LP de Andrés Dobarro. Si, si, O tren quen me leva  polo meu camiño lévame e lévame...  por riba de todo.

Impresionados? Non aínda? Veredes: a nena medraba que daba ghusto, e xa ía ao instituto. Daquela arrasaba John Travolta e o sebo do sábado á noite. Como eu non saía, pois nada, pero a miña mellor amiga convertiuse ao travoltismo: chupa de skay, pantalón de skay, pelo newton jones... ligaba como unha liana e eu nada, paciencia, a amiga feocha. Travolta nunca me gustou, nunca me gustaron os chulos en realidade, mais a voz meliflua dos Bee Gees, ai iso si. Non me preguntedes cancións, sáberacho o demo, eu daba francés e o inglés para min era coma o chinés dialectal, pero o estilo dulzón dos Bee Gees,  encantábame.

A seguinte parada non é tan vergonzante. Estamos en 3º de BUP e a nena xa ten certa capacidade de escolla. Meu pai todos os días co Sementar, sementarei de Fuxan os ventos, xa vos dixen que é galeguista de pata negra. Currante pero galeguista. E a Nova Trova Cubana logo? Silvio Rodríguez, por favor, si me dijeras pide un deseo , te pediría un raio de ? , ou algo así, que eu para as letras... e Pablo Milanés, Yolanda, Yolanda, eterrnamente Yolanda... que os fun ver en autostop á Coruña, que cousas fai a xuventude, vaia por Deus, mellor non acordarse.

Xa acabei o bacharelato, ¿cantas cancións quedan?Estou na University, o interminable fin de semana en que nos visitouu por primmeira vez o Papa polaco, juventud...castidad.... monte do gozo, periscopios para ver ao papa entre a multitude e eu allea totalmente ao momento histórico, vivindo o meu momento underground: todo iso e mais, ouh yeah, Patty Smith, Loo Red, os máis potentes e desfasados rockeiros...enfín saín indemne de todo aquilo, con saúde, sen vicios dignos de mención
 e todo e así; Shine on my crazy diamond!

E si, si, Galicia Caníbal, fai un sol de carallo.
E si si, tamén, Lá fora esta chovendo, mais así mesmo eu... Que maravilha! Toquinho, e o ex-diplomata e poeta Vinícius de Morais.
 
E falta unha, se non contei mal, unha .....

Tantas voltas dá o río ao redor da espadana
así daba Suroeste co seu amoriño na cama!

Decepcionados? Eu sonvos así.




7 comentários:

fgs disse...

Si, si moita música...
Pero despois sáeche unha irmá violinista, que fai concertos estupendos (é certo, non teño avoa, e a familia ignórame), e é igual, coma se nada.
Claro, supoño que Bach non entra nos grandes hits da intelectualidade galega. POis é unha pena, que queredes que vos diga.

SurOeste disse...

Vou ter que facerlle un post de desagravio á miña irmá violinista e mais a Bach.

torredebabel disse...

que va!!! eu de decepcionada, nada (e sinto a redundancia). Todo o contrario!

astuto disse...

Se gostavas de Bee Gees agora deves gostar de Scissor Sisters, o som é o mesmo "I don't feel like dancing, dancing, dancing..."

Saúdos.

PS: como é que para uma poliglota como tu, o Francês e Inglês é Chinês... Non credo!!

SurOeste disse...

Não, Astuto, os Bee Gees são para min personagens conmovedores, mas já não busco nada semelhante no dial.
O francês, ainda que soe mal dici-lo, é a minha língua no bacharelato, ou se preferires na secundária, e amo-o totalmente, até poderia faczer o "r" île-de-France, se me pusser. O inglês, pela contra, é a minha batalha, empecei com ele demasiado grande e gramaticalizada. A minha mente é analítica e românica, que se pode fazer ante essa evidência?
O português é como estar na casa dum parente, não é a própria casa, mas pronto!
O castelán...supónse-me e na minha lingua soa mesmo pintoresco.

FraVernero disse...

A escolla é certamente heterodoxa, o que non se deixa de valorar positivamente. Neste caso, o top ten transfigurouse nunha glosada 'cancións da nosa vida', que eu persoalmente terei que evitar, esquivando os vergoñantes himnos españoleiros que nos poñían no hotel de Inglaterra, no que traballaban os meus tíos...

SurOeste disse...

Un vaise connstruindo tanto no eixo sintagmático coma no paradigmático, estimado frater, asegún nos ensinan os Mestres Estruturalistas: non te avergoñes de nada, oponte!