Número total de visualizações de página

terça-feira, junho 27, 2006

A fonda do Sopapo

Sempre que volviamos de Santiago ou dunha viaxe -a nosa xeración xa foi moi On the road- para a casa, tiñamos que oír ao meu avó
- Queee, xa vides outra ves á fonda do sopapo?
Ao principio nin caso, pero a broma repetíase unha e outra vez e empezaba a non ter graza. Non víñamos acaso á nosa casa? Xa nos quería botar, ou?
- Es ben tonta- dicía entón a miña avoa. Dío pola Fonda do Sopapo, non sabes o que era?
A cousa poñíase interesante...
A Fonda do Sopapo era o sitio onde paraba sempre o noso bisavó fogoneiro en Barcelona mentres agardaba para embarcar ou descansaba dalgunha travesía antes de coller outra. Chamábase así porque a dona, que era unha muller de armas tomar, esixíalles aos hóspedes que lle entregaran o diñeiro todo no momento de entrar na súa casa. Ela administrábao honradamente, reservándose o que lle debían e encargándose persoalmente de enviarlle o resto ás súas mulleres antes que o gastasen en puterío e borracheiras. Se non se aviñan ao trato non entraban na casa e se algún dos seus fieis lle chegaba borracho e non entraba en razóns, arremangáballes un sopapo, poñía os cartos a salvo e logo... ¡a durmila! A patroa da Fonda do Sopapo era ao final para todos aqueles lobos de mar un anxo da garda que velaba polo benestar dos seus fillos, que facía posible a compra dunha leira ou o amaño da casa e daba seguridade a aquelas mulleres que quedaban soas coa vida ás costas. Por iso, nos momentos de lucidez, todos veneraban a aquela entrometida mandona e, cando desembarcaban no porto de Barcelona, sobrios ou bébedos, poñíanse baixo a súa protección.

Se fora hoxe...dáríanlle o Príncipe de Asturias da Concordia ou algo así?



13 comentários:

Pés de naufragha disse...

Daríanllo, daríanllo. Dende logo meréceo máis que Bill Gates! Na miña casa tamén se fala da Fonda do Sopapo... coincidencia?

SurOeste disse...

cOMO???? O noso non ten nome, temos que buscar un especialista para que estude o noso caso.

SurOeste disse...

cOMO???? O noso non ten nome, temos que buscar un especialista para que estude o noso caso.

Pés de naufragha disse...

A ver, parece ser que na miña casa falan tamén da Fonda do Sopapo (aplicado a calquera lugar en que se dá comida e durmida de balde e amablemente. O meu piso de Santiago é unha Fonda do Sopapo!), mais pensan que antigamente se chamaba así aos pazos aos que os campensiños ou labregos que non tiñan moito que comer (debido a unha mala colleita ou unha enfermidade) acudían para que lles desen sustento. A cuestión está en saber agora se hai algunha relación entre as dúas Fondas do Sopapo. Ou existen máis fondas destas características?

eue disse...

Ten un aquel coa sopaboba, pero desde logho había que facerlle un monumento a esa muller. Voullo contar á miña nai, que seguro que lle fai chiste e nunca máis me vai dicir se estou alí de hotel, senón "Benvido á Fonda do Sopapo".

SurOeste disse...

Achábate de menos, querido enchufe, e agora póñame vostede tódolos cartos enriba da mesa!

candorca disse...

Pois parece que mesmo ten variantes... eu escoitei: "a casa do sopapo", e ten un aquel con "casa de tócame Roque"... e un aire a fonda do Oeste, flaca-flaca-flaca-flaca... que dirían os de Chévere ;-)

SurOeste disse...

Isto está poñéndose interesante. Así e todo, eu creo na existencia da mítica Fonda do Sopapo e imaxino á patroa entrada en carnes, cun moño á Pardo Bazán, arremanghada e coas mans anchas e fortes coma as da miña bisavoa, temibles cando se poñían en acción.

torredebabel disse...

a min cáeme moi ben esta señora! xa quixera tela coñecido para falar con ela. Moitos premios merece!

Anónimo disse...

Here are some links that I believe will be interested

Anónimo disse...

Very pretty site! Keep working. thnx!
»

Anónimo disse...

Your site is on top of my favourites - Great work I like it.
»

R.R. disse...

En Coruña, na rúa orillamar (seino, beiramar debía ser pero é que esa tamén a hai), hai un bar que se chama "A Fonda do Sopapo".