Número total de visualizações de página

terça-feira, junho 20, 2006

mercurio-Venus-a terra

En Venus, de andar moito encoira, acaba unha poñéndose azul.
Polo demais, évos un auténtico pracer.
Palabra de Suroeste.

12 comentários:

Iseo la Blonde disse...

Estás radiactiva, Suroeste!!!

SurOeste disse...

Desculpe, señora Blonde, a imaxe que ofrezo a modo de exemplum non necesariamente é a miña propia, como moi ben saben os afeccionados deste medio tan mentirán, ou é que pensan que o señor Haicú ten cara de enchufe femia?

torredebabel disse...

pois iremos por Venus! ainda que a min o sangue azul non me cae nada ben...

SurOeste disse...

Torrede babel, tómao como un estado de ánimo máis ca como unha cualidade intrínseca.

Pés de naufragha disse...

Dende logo, nadar en coiros é un dos maiores praceres terrenais. Terei que probar que pasa en Venus.

SurOeste disse...

Coidado coas medusas, Pés de náufragho!

FraVernero disse...

Vaites, vaites... venusiana estás lo, suroestiña...
Vexo que son rumores logo as pésimas condicións climáticas que ouvira do planeta anubado (chuvias de acido sulfúrico, presión atmosférica 90 veces a terrestre e unha temperatura media de 737 grados kelvin.
É que morrer séntanos tan ben...
Lerias aparte (e non sendo eu percorredor habitual dos montes de Venus e xardíns de Adonis), alédame a túa escolla planetil. Malia que Marte sexa o planeta 'roxo', os soviéticos investigaron moito máis ao noso veciño nuboso. Seguramente nos teus paseos topaches os restos fundidos das Veneras (ata 16) que mandaron ata alá.

SurOeste disse...

Hai moito díxomes-díxomes arredor de Venus, querido Fra. En realidade os que aquí chegamos sen ánimo de explorar os seus recursos minerais trátasenos moi ben. Os depredadores do Imperio Grande son tratados como merecen, na miña opinión.
E hai outra cousa: o tempo ten unha densidade distinta en Venus e un chega a instalarse nunha certa "eternidade" ao gozar dos praceres tipicamente venusianos. Non che hai nada máis relaxante, despois dun duro curso académico.
Anímese, meu querido Fra, a perderse nos montes e nas fragas de Venus.

Anónimo disse...

Here are some links that I believe will be interested

Anónimo disse...

Hmm I love the idea behind this website, very unique.
»

Anónimo disse...

I'm impressed with your site, very nice graphics!
»

Anónimo disse...

Wonderful and informative web site. I used information from that site its great. »