Número total de visualizações de páginas

domingo, agosto 12, 2012

Metablog

Foto SW


Non, eu, eeee, non é por complicar as cousas, non é que queira encriptar gratuitamente, pero hai que ter claro que tipo de texto tes entre mans. E unha novela non é un ensaio, unha poesía non é o prospecto dun antinflamatorio... nin un post, neste preciso blog, é un artigo de opinión nun xornal, unha carta de reclamación, nin un curriculum vitae.

Se eu estou caracterizando un personaxe e digo que leva dúas voltas de bufanda e a man estendida sobre o peito cando sae da casa, escuso engadir que é un hipocondríaco. Se o fago estou falando de máis e iso nunha novela, como en moitas outras ocasións, é fatal. Non me gustan as novelas parlanchinas. Lembras como nos desconcertaban os novelistas americanos cando ao final nos daban conta do que lle pasaba a todos os personaxes? As odiosas xustificacións despois do final.

No blog van aparecendo os rabuñazos da vida, e non todos, non todos. Algunhas cicatrices non son para exhibir coma tatuaxes. Hainas que aparecen de esguello, disimuladas con outros argumentos, outros personaxes, outros espazos. Rabuñazos que deixan cicatrices que deixan pegadas que dialogan, entretécendose, esgallándose, coloreándose... con todos os matices das nubes dunha tarde de finais de verán.

Se queres saber da miña vida, meu amigo, convida a unha cervexa que pago eu.

1 comentário:

Anónimo disse...

Битторрент трекер KINORELIZ.NET предоставляет шанс абсолютно бесплатно скачать бесплатно торрент фильмы, музыку, игры, книги, программы, документацию. Быстрый торрент трекер - лучший способ ускорить просмотр фильмов или прослушивание музыки.

KINORELIZ NET: [url=http://kinoreliz.net]торрент фильмы[/url]