Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, novembro 29, 2010

Jean-Luc Picard... engage!

Jean-Luc Picard era o meu capitán favorito ata que se cruzou no meu camiño a capitana Janeway. En ambos os dous personaxes de ficción, como tamén adoita pasar nos personaxes da vida real, as súas máis valiosas virtudes son tamén os seus máis lamentábeis defectos. No caso de Jean-Luc a frialdade da súa mente, moi útil para afrontar os retos do liderato, é moitas veces un obstáculo para solucionar problemas. Jean-Luc, falando claro, é un castrado emocional que se prohibe a si mesmo investigar parte das súas ricas facetas humanas. É por iso que necesita ao seu lado de maneira case permanente unha telépata, a tenente Troy, que complementa a súa total inutilidade en certas funcións cerebrais como a intuición ou a empatía. Será tamén por iso que é un lector obsesivo de Shakespeare. E se cadra tamén que, nun mundo que xa superou ese rollo malo dos nacionalismos, Jean-Luc é inequivocamente francés, defensor apaixonado da excepcionalidade cultural, cultivado bon vivant deses que dubidan seriamente se pedir matrimonio a unha muller cando teñen a Tour Eiffel de fondo de pantalla ou entregarse en corpo e alma á Flota Interestelar?
En tout cas... un momento de debilidade teno calquera.

7 comentários:

SurOeste disse...

De verdade que non hai ningún treky por aí?

Gabriel Pérez disse...

Si que che hai, ou!!! Pero para min Picard estivo na mellor época de Star Trek. Xa non é só o capitán, senón toda a historia e o guión montado. A época da Janeway, será simplemente un epígono

SurOeste disse...

Pois para min que a época Voyager gaña en profundidade.

arcanxo disse...

Eu era máis de "La casa de la pradera". E vostede?

SurOeste disse...

Para gustos...

Porque sempre o recoñecerei?

Anónimo disse...

Pois fáltache Suroeste o capitán Benjamin Sisko, da Espazo fondo 9 (Deep Space 9), nomeado polos Baioráns gran profeta dos deuses que viven no burato de verme de Baior. Debátese entre a racionalidade e o misticismo relixioso e acaba mal (ou ben) (teño toda a serie); e tamén o capitán Archer (de Enterprise)...pero iso é xa outra historia (tamén a teño toda). Ah, e o poubán do capitán Kirk de TOS (Star Trek The Original Series). Gústame Janeway pero máis aínda a raíña Borg porque é mala coma o demo, dios!, que mala é, parece Rosa Diéz, fóra a ialma.

SurOeste disse...

Ssssssshhhhhhulp! Logrou vostede que me pingara a baba. Imos ter que quedar un día para trocar microfilmes.