Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, novembro 22, 2010

E ti, para quen escribes?

Hai uns meses chamáronme á casa para facerme unha entrevista en calidade blogueira. Sorprendeume tanto que preguntei á miña vez como diaños deran comigo nesta enmarañada rede. A xornalista de voz cristalina respondeume que non podía reproducir exactamente a cadea, pero que fora a través doutro blog que tiña este enlazado. Tampouco era tan raro; eu visito blogs e deixo comentarios e con eles, inevitabelmente, tarxetas de visita.

Contra o final da entrevista había unha serie de preguntas sobre as estatísticas do blog: número de visitas, número de entradas ao mes, etc. Canta xente entra neste blog? Cantos paran a ler ou simplemente miran os "santos"? Cantos volven? Nin idea, non tiña nin teño reconto de ningún tipo. Pero sodes sempre os mesmos, non o neguedes. Algúns co seu nick de toda a vida, outros co da temporada, tamén os que xogan ao anonimato, aínda que eu ben saiba quen veñen sendo, e, por suposto, os que levan o DNI nos dentes se fai falta. As miñas lectoras e os meus lectores non sodes unha multitude, podo aseguralo sen ver ningún tipo de contador de visitas, pero si un grupiño bastante definido e perseverante.

Nunca pensei que a arroutada que me deu hai xa cinco anos me fose durar tanto, malia as subidas e baixadas en cantidade e calidade dos post, nin moito menos que fose quen de engaiolar un(@)s lector@s coma vós, antes lectores ca amigos, aínda que algúns acabastelo sendo tamén.
Seguireino intentando.

9 comentários:

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Non esperabamos menos, amiga NV. Un bico moi grande a través desta tempesta que non cesa.

Sabela disse...

As mellores son estas arroutadas, cos seus altibaixos, sobre todo porque duran con cariño, e non con cómputos de lectores e avaricias de pseudofamoseos. Noraboas e apertas.

Balonga disse...

Parabens! polos 5 anos dun blogue en galego, pois,alén dos valores lietarios e creativos, non é pouco o valor engadido á normalización da lingua.

SurOeste disse...

Balonga, acabo de pechar agora un documento no que comentaba a famosa declaración de Flaubert:"...hai que amar a Arte pola Arte en si mesma; do contrario calquera oficio vale máis". Se o blog ten algún valor que o teña por si mesmo e, se non o ten, dádeme caña.

Un dos anónimos que sabe quen vén sendo disse...

Anos que pasan, anos que veñen. Parabéns por este aniversario. Nós -@s lector@s- tamén a queremos.

homburg disse...

Non son dos anónimos, si dos que foron mudando o nick, nada que non che permitira saber quen estaba detrás, e si, perseverante, algunhas veces incluso desafortunadamente perseverante. Sinto esas miñas meteduras de pata e intentarei non reincidir, porque está claro que penso seguir entrando mentres se me permita.

Unknown disse...

No creo que Nubosidade Variàbel necesite ningún contador de visitas para saber que quien aquí se detiene espera encontrar un puerto amigo en el que abrigarse de la tormenta.

Ni un rastreador para saber que, desde la Galicia profunda, o desde el Mare Nostrum, los que vinimos lo hicimos para quedarnos.

El hecho de ser un recién llegado, no me impide darte la enhorabuena por mantener la calidad en un mundo en el que parece imperar la cantidad.

Besos soleados desde el plácido Mediterráneo.

Chousa da Alcandra disse...

Nunca sabemos moi ben para quen escribimos -digo eu- nin quén vai ler aquelo que aquí decimos. Sexa como for, sempre da gusto entrar por estes lares.

Saúdos de cando en vez.
As miñas visitas son maís asíduas, pero polo caladiño, que tamén calado son guapo!

(Na entrevista din que "rebelas", eu penso que ti dis que "revelas". Un gazapo editorial seguro.)

SurOeste disse...

Enténdote moi ben, Chousa, non sempre apetece falar; ti es sempre benvido.

A entrevista foi telefónica, polo tanto da ortografía son inocente.