Número total de visualizações de página

segunda-feira, outubro 18, 2010

(Re) Tomando posición (sen toma de posesión)


Desde que o outro día intentei explicar nunha aula que a gravidade era aquela forza magnética que, desde o centro mesmo da Terra, nos mantiña cos pés no chan non volvín a levantar voo.

Comprendino despois de intentalo sen éxito máis de unha e dúas veces, seguindo o procedemento tal e como detallei nun post anterior: concentrarse, inspirar profundamente e ... elevarse. Cheguei a imaxinar a cara de pastoriños que lles quedaría aos alumnos e ás alumnas perante o prodixio da profesora voadora. Pero nin co meu máis encendido desexo nin coa miña máis acuciante necesidade era xa posíbel. A lei, deixárao ben claro, non admite excepcións.

Rematou, pois, a miña navegación arround de moi même. Nunca vou esquecer que cheguei a voar e que me era tan doado como apañar as mazás que van caendo da maciñeira. Adeus, don marabilloso, luz que me envolvías, regreso ao meu lugar noutro lugar, ás miñas rotinas, xa nunca máis as mesmas, ás miñas armas ben puídas, nas que non permitín o óxido nin a decadencia neste tempo que só pasou dentro de min.

Et bien, meus non moi estimados superiores de Recursos Humanos da Consellería de Educación, eu cumprín a miña parte, espero agora que vostedes cumpran a súa, como xa deberían ter feito, e, ao recibo da presente ordenen por fin os seus papeis e
a) Envíen a miña toma de posesión.
b) Paguen ao remate do mes.

Atentamente

Suroeste

8 comentários:

SurOeste disse...

Emocióname dicir que hoxe, día 19 de outubro, a terceira hora, recibín, firmada con data de de 8 de outubro, a miña toma de posesión. Que lentas van as cousas naquel pazo e que espesos se puxeron cun caso tan sinxelo coma o meu, vapordios!

Sempre sopeitei que "eles" lían este blog. Agora podo rañar a gusto nese proído.

Cando pajen –agora empezo a ter certas esperanzas– convido a quelque chose.

Ar ou egge disse...

Non quero ser o "cenizo", pero iso de cobrar vaille tardar. Podería xuralo. Se é menos de un par de meses, pago eu a cervexa. Se é máis, págaa vostede (no caso de que teña esperanza, caso contrario, invertimos a aposta).

Mataría por ver esa levitación.

SurOeste disse...

Grazas pola advertencia, señor Cincento. A miña nai non me deixa falar con cincentos, así que, sexa como for, aforramos as cervexas.

SurOeste disse...

Por certo, non se apelidará vostede Canosa?

Insisto, o da cervexa non ía por vostede.

Anónimo disse...

Os actuais alugadores da Xunta sonlle tan falsos como as pesetas, así que a espreita!, vixíe que non lle dean pesetas que non sirven xa, e se son moedas de euros, chántelles o dente por mor de comprobar que sexan de abondos quilates.
No improbabel caso probabel de que todo fora de curso legal, sexa patriótica e gaste en albariños, pois din que a colleita foi boa e toda a galeguidade ten de axudar a consumila.

Nacho Sendón disse...

¿Me permites que discrepe amigablemente? No creo que sea la gravedad lo que te impide volar (¿has mirado a ver si es el conselleiro?). La gravedad atrapa, sí, pero como también atrapa el amor, o la buena literatura o, según he oído decir, la lluvia os atrapa a los gallegos.

La gravedad nos paga el billete en esta nave espacial que es el planeta Tierra en su viaje a través del tiempo y el espacio. La gravedad, si se lo pedimos por favor, pero con energía, también no deja abandonarla y emprender un viaje por las estrellas que no acaba jamás.

Seguro que ha sido la gravedad la que me ha traído hasta tu blog que, si me lo permites, visitaré con frecuencia.

Otra cosa distinta es la Administración (me ha salido escribirla con mayúsculas, debe ser que a mí también me impide volar), pero algunas veces, mira para otro lado y te puedes escapar. Aunque sólo sea un ratito, aunque luego tengas que volver al gris y el verde pizarra.

Cuídate.

SurOeste disse...

Queridos amigos éme moi grato comunicarvos que o día 19 recibín a miña toma de posesión con data do día 1 e que o día 28 cobrei o que tiña que cobrar.
Non, non é cousa de meigas; eles (con minúscula, Nacho Sendón) len este blog e caeulles a cara de vergonza.
Un día que estea de humor contarei polo miúdo o trato que recibín neste último ano por parte do señor Canosa e o seu equipo (o conselleiro nin se enterou nin se enterará, por suposto).

Nacho Sendón disse...

Esta mañana me tomaré una cerveza a tu salud y al mal fario del señor canosa (no sé quién es, pero he lidiado y sufrido a muchos señores canosa en estos años y todos se merecen, como poco, una halopecia y un herpes labial reincidente. Y desde luego, no se merecen las mayúsculas).

Disfruta de salario más que bien ganado.

(Y disculpa por utilizar la lengua del imperio, pero es que los bárbaros del Sureste es lo que tenemos. De todas formas, déjame decirte que "alegrome moito de ter bonas novas tuas"