Número total de visualizações de página

quarta-feira, setembro 29, 2010

Folga dicir...

...que iría á folga se estivese traballando, pero como aínda non, o meu foi outra cousa. E vouno contar, porque á manifestación si que fun...
...e cheguei case en tempo de ver unha gran columna humana ocupando a Estrada de Castela ferrolá
as masas axitaban bandeiras vermellas e coreaban con moi poucas ansias consignas que non tiñan ritmo e a duras penas rimaban en asoante...
"pero é fermoso", malia todo, era fermoso, e inchei o peito revolucionando o o meu propio corazón...
..."son unha ovella descarriada", pensei, "abandonei o meu sindicato, logo de comprobar que o meu sindicato me abandonara soíña no monte inzado de alimañas carnívoras, a quen me vou acoller agora?"
Desfilaban bandeiras da UUU e de KKOO e eu ía indo polos laterais pegando chimpos cada vez que estoupaba un petardo.
"Non te preocupes, non te preocupes que che imos buscar á Unión Xudaica", dixo alguén, e fíxome rir, porque o humor nunca se perde, disque.
"Eu só teño claro que non vou cos cabrós da GGG"
"pois imos cos da CNT"
"pois veña!"
e fomos buscalos ao seu local de Esteiro, pero cando chegamos xa saíran e alí en frente saen os da GGG tamén (media hora despois cós da UUU-KKOO, coidado!)
eu escapándolles aos da GGG
"estás obsesionada, Suroeste!"
queé tráfico manifestatorio!
Dúas manifestacións nutridísimas, mais a da CNT, que aínda non encontraramos, e que debían serrrrr...
Total
que atopamos aos da CNT: oito persoas con dúas bandeiriñas vermellas e negras dúas cores que, xuntas, impoñen moito
e achegámonos a eles e observámolos
eles tamén observaban nunha intersección como ía pasando a manifa dos UUU-KKOO
Que facían
AHHH!!! agardan á cola para metérense eles sen perder a súa identidade: a identidade avant de toute chose.
A manifa chegou ao seu final e os da CNT miráronse uns a outros e deron media volta
Fóronse sen máis historia
Nisto tomei a iniciativa dunha vez, hoxtia, e unímonos nós ao final da manifa coas ovellas desperdigadas
"Viva a folga xeral e acabouse!"
Cando volviamos para a casa dous rapaces achegáronse a darnos unhas octavillas. Eran da CNT
"E vós? Que facedes? Ao final non fostes á manifa, por que?", eu pedindo explicacións.
"EHhh, si, bueno, algúns querían e outros non, así que uns foron e outros quedamos repartindo papeis"
"Pois que saibades que perdestes catro adeptos"

"Ehhhh....
....bueno, pero pegáronnos unhas hostias a unha compañeira e mais a min. Mira, mira!"
E arremangouse e ensinounos unhas rozadoras nos pulsos.
"Valla unha cousa pola outra, ou non?"
"Si home si, vaia home vaia. Estámosche bos".

A las barricadas?

10 comentários:

chiculate espeso disse...

Cal foi ese sindicato que a abandonou e por que? Non se autocensure.

SurOeste disse...

Ai non, mire, señor Chiculate, por se non se deu conta esta é unha pequena peza con ínfulas literarias, e polo tanto teño todo o dereito do mundo a utilizar o disimulo por medio da ironía, da equivocatio e de cantas argalladas me permita a miña modesta retórica.
Non é autocensura; é literatura.
Eu fixen o meu traballo, faga agora vostede o seu e non infravalore a súa capacidade lectora, fágame o favor.

Anónimo disse...

Xa a vin a vostede, ás carreiras pola marxe da Avenida de Esteiro, entre marcha e marcha

SurOeste disse...

Auuuuuu!!!! polas marxes, sempre polas marxes, tropezando en todas as pedras e pisando todas as merdas.

chiculate espeso disse...

Escudarse na literatura e, a fin de contas, rirse só dunhas siglas reais (os pobres da CNT), pois non me parece moi valente, que quere que lle diga.

SurOeste disse...

Valente? Señor, os que pisamos merda non aspiramos a tanto. A nosa heroicidade limítase a limparse despois o mellor posible.

Un pouco de imaxinación e humor sense, please!

Anónimo disse...

poiscomononoloexplique...

Balonga disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Balonga disse...

Pois debeu ser así, xa que logo eu tamén o vin case todo.
Ondia! Unha muller con vestido vermello e cabelo negro!.´
Iso é un sinal que Deus nos bota, pra dicirnos que é da CNT, dixen eu.
Como o sabes ti, si es ateo, dixo o outro.
Deus escibe dereito con liñas tortas, dixen eu.
Boh! eu xa o sabía antes, porque andaban todos zigzagueantes ou sexa en ziguezague. Os de Pablo Iglesias van en liña recta e os de Lenin, nin están nin se lles espera, dixo o outro.
Vaia, vaia dixen eu, namentres a Opus Pepe´S Band berraba un pareado, mal rimado: arriba o capital, con Deus menos mal.

SurOeste disse...

Tal cal!