Número total de visualizações de páginas

domingo, setembro 26, 2010

Nanina Santos segue a poñer picas en Flandres


Nanina Santos en Ames Radio 24/09/2010

O venres pasado fun a Radio Ames a entrevistar a Nanina Santos. Parafraseando a nosa conversación, non me pareceu an absoluto "amargada, histérica, fea nin culibaja", cualificativos disuasorios cos que se intentaba denigrar ás feministas de hai unhas décadas que ameazaban con romper o sistema sexo-xénero que tan ben lles funcionaba a algúns. Enfín, confeso que non hai moitos días que me dedicaron unha serie de adxectivos bastante similares (algo pouco feminino faría ou diría eu!) e non fai falta dicir que aínda hai quen non ten vergonza en botar man de estereotipos semellantes desde os medios de comunicación.
Da conversa quixera resaltar que, ademais de facer un repaso pola transición desde o feminismo, Nanina aproveitou para colocar un par de picas máis no territorio cenagoso de dous temas clave da axenda feminista: a violencia contra as mulleres e a prostitución, defendendo puntos de vista nun e noutro tema moi polémicos.
Escoitade a entrevista e non deixedes de botarlle unha ollada á revista de pensamento feminista Andaina, da que é co-fundadora e redactora desde 1983.

2 comentários:

homburg disse...

Interesantísima conversa da que podemos extraer moitas reflexións, unha delas a referida ó concepto 'normalidade', pero tamén se trata dunha testemuña clarísima que nos indica como a vida medra dende as marxes, algo que se pode extrapolar a todos os ámbitos. Quedeime coa curiosidade de saber que tipo de conexións ou cauces se deron entre o feminismo galego e outros movementos fóra de aquí, é dicir, con cales. Espero que noutra ocasión se fale deso, porque está claro que non se inventaron aquí as proclamas nin as estratexias.

torredebabel disse...

Unha descuberta para min. Graciñas!