Número total de visualizações de páginas
quarta-feira, setembro 15, 2010
Academia de pavos reais (criterios de selección)
1. Ser recomendado por un pavo imperial
2. Contar co recoñecemento e recomendación de, polo menos, catro pavos reais.
3. Rirlles as grazas aos da asemblea pavera con todos os dentes, polo menos durante o periodo de observación.
4. Denigrar ás outras especies ou pavos ordinarios.
5. Coidar a plumaxe con primor e exhibila á menor provocación ou adulación.
6. Inchar o peito ao mesmo tempo que se inicia o despregue plumáceo.
7. Saber fuxir emitindo sons guturais en caso de que as cousas se poñan feas e haxa que disolver inesperadamente a Academia.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
10 comentários:
mecagonodemo: non teño forma de entrar nesa academia. non me podía vostede botar unha man?
Que bonito é estar sobrado de todo e por riba ser modesto.
Vamos, vamos, señor anónimo, que por moito que disimule é vostede un real-real.Quen nos dera a moitas...!
Estou de acordo en todo. Pero penso que falta a 8.- que di, algo así como "os da Academia de pavos reais declaramos odio eterno e sen ningún tipo de concesión ós disidentes da Academia real pavaica" (léase ó modo de "A vida de Brian")
Concordo, Sigrid: non hai calaña peor cós da Real pavaica e todos aqueles infelices que aspiren a entrar na Real pavaica merecen o desprezo xeral.
Lamento llevarles la contraria. Si la naturaleza dotó a los pavos de una cola hermosa y a las pavas no, échenle a ella la culpa.
A natureza, señor Gaia, é absolutamente inocente nestas cuestións. Xa Freud se decatou de que a cuestión do rabo era meramente simbólica, non nos veña agora que se a natureza nos seus herméticos designios... deulles rabo (e florido) a uns e negóullelo a outras, a non ser que este sexa o único argumento que poida achegar.
Que gran verdade Anxos, os/as academicos e os pavos reais, habia tempo que non atopaba unha explicacion mellor...
Saude
xm pacho
Pavo ou pava, a coquetería e as ínfulas son transversais aos sexos.
SYMPATHY FOR THE DEVIL:
Pensando nos pavos reais, con ou sen academia, sempre me lembro dun que vin no antigo Pazo dos Capitáns Xerais, na Habana. No patio un pavo real sen prumas, e cacarexando, tentaba impresionar e seducir con ben pouco éxito a unha pava (elas, moito máis discretas), mentras o 'pavo alfa' co set completo pasaba de todo e levábase á pava á horta, por imitar a expresión castelá...
molto intiresno, grazie
Enviar um comentário