Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, fevereiro 18, 2010

Traxectoria



Aproveitei estes días para medrar un pouco, catro ou cinco folliñas, e pegarme ben ao muro. Procurei seguir os carreiros trazados antes da última vez que me cortaron, pero case non quedaban marcas e tiven que improvisar a traxectoria varias veces. As xeadas das últimas semanas foron implacábeis e despegaron moitas trazas; non son capaz de entender que estraña lei física mantivo as cascas de caricola no sitio.
Sexa como for, pagou a pena: hoxe deume o sol toda a mañá.

4 comentários:

Anónimo disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Xis disse...

Coma sempre Anxos, cada vez entro no teu blogue póñome de bo humor, aínda que o puto catarro faimo difícil.

Se cadra se me poño ao sol, pero en Ourense, é imposíbel!!!

Saúde

FraVernero disse...

Envexa... nós na horta tiñamos un tamarindo ao que adoraba... Pensei que eran árbores de máis forza. O tronco nos comezos parecía mol, de verdura máis que de futura torre de madeira. Os bichos comíano vivo, e a maceta non lle deixaba medrar. Moito sulfato e plantado en terra, deixaba ver a finais do ano pasado unhas follas gloriosas, e un atisbo de froito. Mais a xiada acabou con el, deixando morto e desfollado... Claramente o noso non é clima para tamarindos (Mediterráneo?)

SurOeste disse...

Non está mal poñer de bo humor aos lectores. Agora teño que concentrarme en curarlles o catarro tamén,;)



Pulpa de tamarindoooo::: como era a canción? Recoméndoche vivamente a última tradución servida por Rinoceronte: O ano do xardineiro de Karel Capek. Aí atoparás todos os segredos dos xardineiros (confesábeis e inconfesábeis).