Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, fevereiro 01, 2010

Intensidades

Foto de Xebe d´Afrei

O noso desexo emerxe nesta lagoa onde afincamos a vida sempre con frecuencia impredecíbel, sempre con intensidade inesperada. É así, unha lagáchima percorrendome o fío do lombo, ai estes raxiños, rula, uns dedos enterrádoseme nas coxas, ai xamonciños, ai, ai, unha corrente eléctrica estoupando en risa, quería uns dentiqueiros dese xeito asomaren entre os beizos e tesmos que dar ti, ti, ti. É así, a morneza de fluídos que se solidifican na pel, o gatiño que é tigre de poutas retraídas, pero están aí, por un se acaso.

Na lagoa hai vida, dixérono o outro día na radio, e tamén falaron de conservarmos os espazos húmidos porque nos preservan da secura e da morte segura. Eu entendino tamén así a pensar como estaba na nosa lagoa.

4 comentários:

Aníbal Léctor disse...

Que cousas máis fermosas escribe, dona SurOeste. Lémbrame aquilo que dixera unha velliña cando don Ramón fora dar un mitin a unha aldea ourensá: que ben fala este home, que fora nova pra merecelo!

homburg disse...

Comparto o plantexamento poético destas súas intensidades, eu tamén estou a favor da preservación dos humidais, da prevenzón da sequedade. Por desgraza acontece que hai outras intensidades, cada día máis; prodíganse a unhas velocidades en exceso perigosas e non hai barreiras que se mostren sólidas dabondo para conter os previsibles impactos: digo intensidade Adolfo Domínguez, por citar a máis recente e visible, pero podería dicir ferrados.
Si, eu prefiro a intensidade inesperada da lagoa a aquela do deserto que todo o reseca, que todo o quebra.

homburg disse...

Querida Nubosidade, non faga moito caso do homburg anterior, préstelle máis atención a este. Claro que tamén lle queda a opción de non ter en consideración a ningún dos dous.
Bicos.

SurOeste disse...

Poñádesvos como vos poñades, queridos Homburgs, para min sodes inconfundíbeis, por iso vouvos facer caso a cada un dos dous, pero non sempre.

A intensidade coa que Adolfo Domínguez defende a poosibilidadee de volver ao sisteme escravista penso que é un índice de decadencia do actual sistema. Eu non tomaría a broma esas palabras, nin a facundia con que foron ditas. Coidadiño!

E por certo, don Homburg, moito me gustou a súa casa. Convidar non convida a nada, pero a casa ben chula que a ten posta.