Estimado Xavier Lama
En primeiro lugar quero que saiba que asisto absolutamente alucinada a todo o que está pasando arredor do Premio de Poesía González Garcés. Penso que ten vostede toda a razón, que fixo o que tería que facer calquera persoa decente e, ademais, sabendo como é a mentalidade dominante neste país, demostra ser moi valente en dar un paso adiante.
O lobby de editores está a darnos unha lección de hipocresía dificilmente superábel e o resto de opinadores anónimos, ou non, non fai máis que confundir o cu coas témporas, a amizade co dereito, a elegancia co libre exercicio dos dereitos e deberes cidadáns.
Nada me parece máis elegante que expoñer polas canles legalmente previstas nas bases dun premio o desacordo coa decisión do tribunal argumentando as razóns. E esta elección súa choca co que faría calquera dos seus detractores: falar mal do gañador, minimizar a súa obra, sementar a dúbida e a sospeita con respecto ao proceder do tribunal e todo isto en petit comité, sen dar nunca a cara publicamente, acentuando o papel de vítima propiciatoria, de poeta maldito, etc. etc. Enfín, un espectáculo sempre lamentábel, por moi afeitos que esteamos a el.
Eu estou orgullosa de que haxa persoas coma vostede, que poñan o debate enriba da mesa, que non se escondan, porque as persoas que proceden deste xeito son as que teñen a conciencia limpa, e, engadiría eu, as únicas capaces de abrir unha fiestra que posibilite a entrada de aire fresco neste ambiente social viciado que invita a que nos inhibamos constantemente no exercicio dos nosos dereitos e deberes como cidadáns conscientes e suxeitos de dereito.
Atentamente
Suroeste

9 comentários:
Malia inscribirme así nese lobby editorial do que vostede fala, opino que o señor Lama ten dereito a reclamar (todo o do mundo, e velaí as canles legais para iso), mais iso non significa que teña razón.
Vaia, isto está que arde. Ti tamén, eh, Bruta? Haberá bitácora que non tocara este incidente?
A ver se eu mesmo escribo algo ao respecto...
Suroeste non pode falar máis claro.
E seguindo a máxima do picor e do allo, eu quero precisar o seguinte: non cuestiono o exercicio do dereito á impugnación que Lama empregou, pero creo que aceptar o premio non foi o mellor. Para min eso é unha cuestión de elegancia.
sir gawain opina:
a) que as accións de Lama son un síntoma de normalidade do sistema literario galego e que na medida en que iso poidera ter valor suscribo todo o que di suroeste no seu post;
b) que o que procede neste caso non é unha consideración moral, senón de forma porque é o que funcionamento da nosa literatura o que está en xogo... e o resto é reducir un sitema literario a contubernio, ola da camaradaxe e estupideces decimonónicas;
c) que as pataletas de Eduardo Estévez son xustas na medida en que a súa é unha práctica bastante frecuente... daí a indignación de moitos dos seus defensores... o que el fixo é unha práctica máis común do que se cre ... vaian a consultar se queren cantos premios Esquío, Martín Códax und so weiter da xeración dos oitenta (moitos, pola conta que lles ten, defensores de Estévez na querelle) teñen publicado unha porcentaxe superior á metade dun poemario supostamente inédito en revistas varias (Dorna, etc.)...
d) que non é xusto que cunha man nos congratulemos da ubicuidade electrónica e cibernética dos poetas e que fagamos recitais en bares e que montemos batallóns literarios e nos poñamos plátanos na cabeza e logo digamos que iso non ten voz nin lugar porque non hai ISBN (sobre todo cando este "informalismo" poético foi unha bandeira da xeración 90 para o mellor e para o peor);
e) que o meu tio preferido ten razón, salvo que non hai que esquecer que non todos somos funcionarios e que a arte non é gratis e que hai quen pode ter falta de 6000 euros (se cadra iso outorgaría unha elegancia que se non é innata, tamén vale para o caso)... e en última instancia, reitero, as consideracións morais neste caso son bastante secundarias...
De elegancia falarei no meu próximo post, Tío Pepín, e de "nobreza obriga" e máis "sepulcros branqueados" e de ridículas convencións sociais que nos poñen unha mordaza nos cerebros (ou se cadra é nos cráneos).
Ui, ui... "suxeitos de dereito", cidadáns... Ai diormío...! Teño que cambiar a tele!
Sobre a elegancia.
Poñámonos no lugar de Estèvez: que se demostrase que o premio foi gañado en mala lide pero extraoficialmente, sen que chegasen a sacarllo. Sería elegante que se quedase cos cartos igualmente? Sería quen de renunciar?
Poñámonos no lugar de Lama: seguramente satisfeito porque demostrou o que quería demostrar, ata podería ser que pensase e renunciar aos cartos para que quede claro que iso non é o que lle importaba. Pero, non se botarían enriba de novo os estevecistas co argumento de "velaí como finalmente lle pesou a conciencia"? Non podería interpretarse como un paso atrás na batalla? Exprimamos a imaxinación. Que fariades vós? Deixar os 6000 euros para a Deputación da Coruña? Algunha outra solución simbólica?
http://www.entrebuhistas.com/2006/10/29/eduardo-estevez/
- Cuéntanos un poco las expectativas que tienes para este proyecto. ¿Lo presentarás en algún lugar? ¿Tienes algún recital en público programado?
- No tengo pensado presentar este proyecto a ningún premio. Soy bastante escrupuloso con las reglas de juego y no me parece ético presentar a un premio un libro que se puede consultar en la web asociado a mi nombre. El libro está en internet y su sitio es ese. Me parece un modo perfectamente válido de difundir un trabajo. Que es bonito tener entre manos el libro físico? Sí, lo reconozco. Pero el objetivo es que llegue a los lectores y para eso internet es mejor vía, incluso, que el libro impreso. Algunos poemas ya los he leído en distintos recitales. Es una prueba interesante para comprobar el ritmo. Y la demostración empírica de que debería leer más en alto a la hora de corregir los poemas… Y volviendo al tema de la edición en papel, a pesar de todo no me cierro a la posibilidad de publicarlo en papel. Si hay por ahí algún editor interesado.
Mañá o anticlón das Azores traerá tempo calmo e locirá o sol no val das brétemas. As medias máis altas atoparémolas cara o suroeste mais non ameaza choiva, agardan uns días ben fermosos para merendar nesta agarimosa fraga.
Enviar um comentário