Número total de visualizações de página

terça-feira, setembro 16, 2008

A vellez


Son vello e feo e xa non teño xenio para xogar. Cústame seguirlle o paso á miña ama e aborrezo os nenos que me tiran paus. Se non fora este soliño que me quenta o lombo, valía máis morrer.

2 comentários:

tío Pepin disse...

Vou transcribirlle o arranque e o remate dun breve relato de Kjell Askildsen:
"Soy terriblemente viejo. Ya me resulta casi tan difícil escribir como andar. Voy despacio. No logro más que unas cuantas frases al día. Y hace poco me desmayé. (...)
(...)Desde entonces he tenido más mareos. Pero he colocado las sillas en lugares estratégicos. La habitación parece muy desordenada así. Da la impresión de que no vive nadie. Pero yo aún vivo aquí. Vivo y espero."
Askildsen é o meu último descubremento. Existen catro libros del, todos de relatos, editados en Lengua de Trapo e, tamén, en Debols!llo, un recopilatorio que reune tres deses libros. O fragmento que copiei aquí está extraído de 'Thomas', que forma parte de 'Últimas notas de Thomas F. para la humanidad'.
Velaí o que provocou o seu vello can tumbado ó sol deste fin de verán.
Bicos.

FraVernero disse...

A can vello todo son pulgas, xa se sabe...

Criaturiña!