Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, novembro 21, 2007

As tripas do amor


Foto de X.B. Arias

X.B. colleu un colchón, quitoulle a pelica e desapegou as entreteas deixándolle as tripas ao aire. Impúdica visión.
X.B. aínda non ben contento decidiu doar á ciencia recicladora as teas e entreteas sabias de suor e fluídos seguramente compartidos. Ficou moito tempo mirando para as tripas e mesmo lles fixo fotografías desde varias perspectivas.
Un día dixo X.B. mira aí tes para faceres un post. A arte de X.B. descargara electricidade nas tripas e púxolles nome, As tripas do amor.
Aos artistas agora dáselles por viviseccionar o amor polas tripas, tremenda metonimia!

9 comentários:

torredebabel disse...

XB fai unhas fotos que non perden protagonismo entre os seus escritos, benquerida SurOeste e iso xa é falar desas fotos. Apertas!

cave canem disse...

Pero a arte xa se sabe! Noutros tempos buscaban a pedra da loucura e houbo creadores que tamén fixeron as súas 'fotografías'. XB vai por bo camiño (ou simplemente vai, que é o que importa).

Anónimo disse...

Eu sigo buscando a pedra da loucura, ou no seu defecto, quen ma extraia...

A mesma impudicia dos aramios do colchón evócame a nosa triste anatomía sangrante(castigo de antano para delincuentes, a autopsia e desmembramento), falsamente verdadeira na súa nudez... O escalpelo da escrita ou da imaxe para romper en fios ou cables os sentimentos amorosos, para pincharse nesa cama de fakires, nese eterno retorno autotorturado e autotorturante do amar e dos muelles...

Anónimo disse...

Falando de tripas (imos deixar o amor para outra ocasión), plato exquisito e absolutamente simple. Eso si, necesítase confiar en quen o prepara e (estou falando do amor?) deixarse levar sen reparos.

Beluka disse...

precioso e de fermosa metáfora :) graciñas

Anónimo disse...

É que o amor está nas tripas, xa o dicían os gregos...

Raposo disse...

Nesta sociedade do visual o éxito dun colchón depende moito do diseño e das cores cos que se viste, memo da femia que, voluptuosamente deitada enriba del, nolo ofrece cun sorriso.
Agora ben, poida que o importante esté debaixo, dentro, no cerne, aló no fondo onde só ollos como os de X.B. saben chegar e ver.
E vostede contalo.

Ana Bande disse...

A beleza está aí, só se precisa a sensibilidade faga agromar fotos como as de XB e verbas como as túas, deliciosa parella!

SurOeste disse...

Alégrome moito que vos gustara tanto. A dicir verdade, X.B. e Suroeste tiveron serias diferencias con respecto á pertinencia ou non de diseccionar o colchón, a adxudicación dun ou outro pendello adxacente á vivenda para realizar a operación (unha vez que semellaba que a opción diseccionante era dominante) e mesmo ao tempo de exposición dos materiais resultantes na entrada do curral.
Enfín, querida Ana B., calificar de deliciosos a ese par é todo un derroche de benevolencia pola súa parte.
E aínda así, despois de ler estes comentarios, paghounos a pena.