Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, setembro 03, 2007

Íntimas ruínas



As ruínas sempre me deron moito que ver. Cada unha ten a súa propia lóxica da decadencia e o abandono: as fendas nas paredes, a vexetación invasiva, a podremia das madeiras, a falta de cristais ou tellas... e un día, por fin esbandállase todo e mostra sen recato a intimidade dos derradeiros habitantes. Isto que vedes é o resultado sobrecolledor.

8 comentários:

torredebabel disse...

Unha poderosa metáfora de nós mesmos.

Isabela Figueiredo disse...

Que rio é aquele no layout lá de cima?
É tão bonito.
A foto é tua?

SurOeste disse...

Aquí na casa há discusões acerca de quem é a foto. Eu defendo que é minha: já sabes "tira aí uma foto"; ele defende que é sua: já sabes "eu cliquei o fedelho". Por tanto, acorda-se que a propriedade intelectual é minha e a propriedade executiva é dele.
O rio si que é meu: é o Eume.

Anónimo disse...

É o Eume chegando a Pontedeume, non si? Cando despois das reviravoltas das fragas de Caaveiro atopa espacio e tranquilidade.

Raquel Lopez disse...

"La humanidad no está en ruinas, está en obras".

Anónimo disse...

Arume dos Piñeiros está equivocada/o, a tranquilidade está precisamente nas reviravoltas das fragas, despois está o desastre.
Fágame caso.

Suso Lista disse...

A min tamén me sobrecollen as ruinas, e sempre me imaxino como serían no seu apoxeo; un xardin feito selva, unha casa...Melancólico

Anónimo disse...

Creollo, tío Pepín, pero arriba penou varios embalses en paisaxes inhóspitos, dunha inhumanidade notable. O encoro da Ribeira en As Pontes, a balsa creada perto da chimenea, e o embalse da Capela tras superar as reviravoltas de Bermui non son, para un río, tranquilidade nin espacio.
Hai anos que non visito (por dentro) Pontedeume, pero desde a autostrada semella medrar cara ao alto sen parada. E non volvín visitar a miña querida pineta de Cabanas, pero imaxino o seu lamento, tío Pepín.