Número total de visualizações de páginas

sexta-feira, junho 29, 2007

Post anodino



Outro post sen falar das visicitudes da saga familiar (síntoo Friki-Pepin), do devir histórico ou as inquedanzas culturais. Standby. Repouso. Trafegos vulgares con barullo infantil ao fondo. Cambio de aceite. Parada e fonda. Corenta días no deserto. Nada. Moito.

3 comentários:

astuto disse...

Pois tens de deixar o chinchorro (rede) e voltar à "saga familiar" :-)

Cumps!

Anónimo disse...

Suroeste, ollo con ese estilo telegrama, non está ben visto, pode parecer cousa de xentes sen recursos (retóricos, digo). Claro que, nese deserto con palmeiras e mar ó lado que aparece na foto (o da hamaca non será o que lle fai o cambio do aceite?) é normal a pereza, máis aínda, é o único recomendable. A disfrutar dese 'nada', dese 'moito', desa corentena.

SurOeste disse...

Astuto, voume abanear mais un bocadinho...

Pepin (Friki) tento depurarme de excesos sentimentais, enconamentos ideolóxicos e ampulosidades retóricas. Neste intre alomenos. Logo volverei á carga -ti sábelo- e levantarei os tellados que faga falta.