Número total de visualizações de página

quinta-feira, junho 21, 2007

O Jazz púxoo neste estado




Modelado en arxila de X.B. Arias

14 comentários:

Gael disse...

Mi, má, todo un home do renacemento ese X.B. Bieito

SurOeste disse...

Un dos moitos polígrafos que se veñen dando desde o Rexurdimento galego.

tío Pepin disse...

Unha curiosidade malsá, cambia de modelo, non si? Espero que si, ou o jazz realmente é máis perxudicial do que eu pensaba.
Que X.B. siga creando (o que sexa) e que Suroeste siga expoñéndoo.
p.s.: que conste que á cabeza eu véxolle máis de blues ca de jazz, pero é cuestión de matices.

SurOeste disse...

Si, Pepín, tamén poderiamos dicir que parece que ¡por fin! está mexando, pero non imos contrdicir ao artista.
X.B. Arias di que que a obra se chama "The jazzman´s extasis" e eu créollo e ti, friki, fai o que queiras.

tío Pepin disse...

O bo que ten eso ó que chamamos arte é que aínda non pertence ó ámbito da ciencia, é por eso polo que X.B. Arias pode realizar un jazzman en éxtase, cousa que non se pode poñer en dúbida, pois é el o que o crea, e o espectador -nesta ocasión eu- ver un bluesman en éxtase. Paradoxo. Non se trata de acertar a resposta, senon de multiplicar as preguntas. En todo caso, sexa jazzman (que o é) ou bluesman(que o é), está en éxtase e, por fin! está mexando.
E xa postos, propoño que definas 'friki', pero sen exemplos, definición pura e dura (non vaia ser que sexa certo eso de que son friki).

SurOeste disse...

Ser un friki, que o es, é ser daquela maneira. Explícome?
Ai non, con esa caída de pálpebras non pode estar tocando jazz (llas) que eu diso enténdovos moito, teño a colección enteira de Grandes Maestros de Jazz (llas) do Reader´s Digest e mesmo podo asegurar que algunha xoias que só as teño eu e catro frikis coma min conseguidas a cambio dun ril e parte do outro nun tenderete parra frikis que se monta cada segundo domingo de Resurrección no rastro de Frikilópolis, a famosa cidade recomendada na Guía Ilustrada do Friki, á que só temos acceso dous frikis e medio.
Sei que es un friki, por moito que queiras disimular, que o fas, pola incontrolábel sensación de cóxegas que che sobe desde a uña do desdo gordo do pé ata o máis alto do curuto piloso que te coroa cando por casualidade topas con outro friki. Aí si teño apreciado eu en todo o teu esplendor a túa natureza friki.
Por certo, ti non coleccionarías caixas de mistos de pequeno?

Bicos

Rodrigo disse...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

Rodrigo disse...

Oi, achei teu blog pelo google tá bem interessante gostei desse post. Quando der dá uma passada pelo meu blog, é sobre camisetas personalizadas, mostra passo a passo como criar uma camiseta personalizada bem maneira. Até mais.

tío Friki disse...

Pois nada, querida Suroeste, xa só me queda asumilo (con calma). Agora ben, querería saber se ser friki é un handicap (supoño que palabra friki onde as haixa) para entrar neste blog ou se, pola contra, lle vén ben para ter a quen darlle caña. Eu, confésoo, sendo friki ou non (que vai ser logo que si) debo ser masoquista (ademais), e non querería por nada do mundo deixar de ofrecerlle os meus humildes servicios de sparring (outra palabra friki, xa que logo).
E chegados a este punto, direi que si, que coleccionaba caixas de mistos de pequeno, e para máis inri, con grilos dentro.

SurOeste disse...

Frikis are wellcome, querido Pepin, mais atédevos ás consecuencias e ás miñas rachas huracanadas. Ninguén espere que, á miña idade, vaia poñer unha "faja-pantalón".

SurOeste disse...

E por certo, iso do handicap é unha expresión que me pon en garda, lémbrame que cho conte cando nos vexamos.
Sen acritude
a tía Suroeste

ARUME DOS PIÑEIROS disse...

Este X. B. Arias é o mesmo que dá tamén clases de literatura galega medieval no CUVI?. Un humanista coma un mundo.

SurOeste disse...

Aí falaches, Arume!

arume dos piñeiros disse...

Falarei logo con el un día destes. Temos un asunto entre mans que non dá saído.