Levo uns días tecendo os meus pensamentos nunha tea tan fráxil que ata unha fina orballeira a fai cambalear. Xa tomei posición e estudo a estratexia mentres espero que vire o vento, sacuda a nugalla húmida e empecen a enredarseme as despistadas moscas e os farturentos abellós. Vide a min e alimentádeme!
4 comentários:
Vaites, araña lambona! Así que queres que che alimentemos eh, nova Arachne?
he, he...
Síntome con fame, dixiro calquera cousa, mesmo as máis volátiles entidades abstractas. Ten vostede zalgo para min, Pater?
ZAlgo non, algo.
a tecedeira exibe as súas entrañas e agáchase como pode.
Enviar um comentário