Aínda non vos contei onde estiven todos estes días, nin expliquei por que levo desde que cheguei con sono e a cabeza desordenada, intentando retomar as rutinas que me encadean e me protexen da intemperie. Tampouco penso ser moi explícita, prefiro deixar que a vosa imaxinación complete os espacios en branco.
Digamos que estiven nun fermoso país tropical: chuvia pola mañá, sol de xustiza a mediodía, vexetación exhuberante, froitas incríbeis, ritmo no corpo da xente e tremendas desigualdades sociais. Miradas que golpean a conciencia, traballos inverosímiles para comer un pouco, suburbios immensos afogando rañaceos. O contraste brutal, a puta miseria a carón da riqueza máis obscena.
Déixovos a gracil curva deste coqueiro en contrapicado para empezar, porque de seguido virán máis.

4 comentários:
Seja bem aparecida Suroeste.
Abacaxi!
Eu ghastei o que quedaba do vran na chuvia de Berlín. Mola reencontrarse despois de tan diverxentes periplos!
o pais pode ser calquera porque as palabras vanlle ben a toda América latina. Iso é o malo.
Enviar um comentário