Número total de visualizações de páginas

quarta-feira, abril 26, 2006

O país dos colchós de lá

Había unha vez unha nena que vivía nun estraño país onde os colchós eran de la de ovella. Eran colchós cálidos e confortables e mantiñan unha estreita comunicación cos corpos que acollían. Moi de cando en cando era preciso desfacer os colchós para deixar airear e espilir a la. O tempo ideal para realizar este labor eran os soleados días de verán ben venteados de nordés. Daquela a casa víase presa dunha actividade frenética: desfacer costuras, varear a la, estendela polo piso do sobrado e deixala asollar. As felerpas de la, vellas e amarelas, sepultaban a paisaxe cotiá. Podería ser unha festa para a nena aquela, pero, inexplicablemente, era un espectáculo horripilante que lle producía pavor. A visión, a posibilidade do tacto e o boreo que se formaba arredor daquelas tristes piltrafas esparexidas por tódolos sitios mantíñana arredada nun curruncho.

-¡Ven aquí, non sexas parva! Teño unha cousa para ti.

Era o pai, sorrindo e ofrecéndolle os brazos. Unha tentación moi forte, pero no medio, interpoñéndose, moreas de la amarela.

¿E se brincara moi rápido, pechando os ollos e sen respirar, pensando só nos brazos fortes do pai, no seu olor, na súa risa ó collela en alto?

-¡Veña...!

Foron varios brincos, unha sensación de repugnancia subíndolle polas pernas acosadas de la esfelerpada, pero alí estaban os brazos amorosos para rescatala. Xa se esquecera da recompensa porque o mellor era ser quen de chegar onda el e ter o seu recoñecemento.

Pero si que houbo sorpresa e un berro altísimo porque diante dos fuciños tiña unha presada de la ofrecida burlonamente polo seu pai para que a metera dentro do vestido. O seu pai tan amado, ¡que contento estaba de completar con éxito a broma e acabar coas aprensións ridículas da nena!

8 comentários:

SurOeste disse...

Que puta vida? Educación espartana, chámase.

torredebabel disse...

cantas leccións espartanas temos levado nós. E cantas máis os nosos pais. E ainda maís os nosos avós. Eu son feliz cando a "educación espartana" perder terreo.

caravelete disse...

Non se durmía mal nos colchóns de la... o caso era espantar as pulgas.

Anónimo disse...

Pulghaaas! Pulghas e chinches? pero debedes ser máis vellos ca Matusalén!

SurOeste disse...

E ide aprendendo, que nós non habemos de durar sempre!!

Anónimo disse...

Nice site!
[url=http://xmnodmas.com/zpfi/ogxm.html]My homepage[/url] | [url=http://rnsdeiqy.com/sskg/kfki.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Well done!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Thank you!
http://xmnodmas.com/zpfi/ogxm.html | http://qbiwylbg.com/awbt/dlvf.html