Número total de visualizações de página

domingo, abril 16, 2006

Cáceres

Veño de pasar uns días en Cáceres e teño que dicir que veño moi sorprendida. Por unha parte, claro, polo seu exotismo: esas trazas mouras da parte vella das vilas, esa temperatura, esa primavera botada de fóra, eses touros bravos pacendo nas devesas, esas falas...pero por outra ás veces parecía que estabas en calquera val ourensán coas montañas cinchadas de socalcos, as veigas traballadas en ricos alcoubes, os carballos, as sobreiras e as erupcións graníticas...por non falar desa pequena Galicia irredenta que se garda no val do Ellas.
Nunha desas pequenas poboacións, Abadía exactamente, veu un vello a falar con nós. Contounos unha historia con reis namorados, galerías subterráneas, princesiñas empreñadas malamente, franceses impíos e cristos rescatados da barbarie iconoclasta laica.
-¿De dondes venís?
-De Galicia.
-Ahhh, de allí vinieron los reyes más antiguos de España.
Pro se eles para nós son exóticos, nós para eles non o somos menos. Cada vez que me collían os datos do DNI para inscribirme nun aloxamento armábase. Os catalás son catalás, os vascos son vascos pero o noso é o nunca visto, eu penso que é porque andamos polo mundo como avergonzados. Contoume meu irmá, que andou traballando un par de meses por aquelas serranías, que nunha ocasión empregou toda a súa paciencia en facerlles pronunciar e escribir o seu nome.
-Xoán Xosé
- Lloán Llusep
- No, soy gallego, no soy catalán:Xoán Xosé.
-¿Lloán Ksoksé?¿Pero eso que nombre es?
- Juan José en castellano, Xoán Xosé en gallego. En catalán sabeis y en gallego no ¿eh? Os ponen a andar los catalanes.

E vén outro e empeza a escribir Juan....
-¿Que haces? ¿No ves que no es así?
-Pero es lo mismo.
-Por eso, porque es lo mismo.
E escribiu Xoán Xosé.

Unha pica en Flandes (e moitas en Galicia) hai que ir poñendo.

11 comentários:

Nona disse...

Pois a min o máis estrano que me pasou nunca co apelido é que me preguntaron se era oriental, de Asia(nunha chamada telefónica ao servicio técnico dun proveedor de servicios de internet). Xa se sabe, de Shiseido a Seixido, só hai un paso.

SurOeste disse...

Manda truco! Eue no Alemtejo, Camilo Nogueira no Ribatejo e eu...a ve-las vir, a ve-las vir, a ve-las vir nos afluentes do "Tajo".
Nunca chegarei a ningures.

Sir Gawain disse...

Eu andiven por esas terras hai moito...

E vivin para contalo.

Recordo a historia dunha mestra que atravesou quilometros de terra a pe e afogou no mar cos aforros da sua vida agochados nas medias.

Non é que a grande historia leve como o vento a grande. O que pasa é que ambos son contos absurdos: pesados como a calor do veran en Plasencia e frios case como unha escola que ten unha foto do escudo franquista e nos corredores da cal recordo que ainda resoan as palabras que abren certa novela de Primo Levi.

Bicos.

SurOeste disse...

Daquela, estimado sir, saberás o que son os recortes taurinos. Se cadra mesmo triunfaches "recortando" na anterior viaxe cósmica.
Quen che diría que acabarías bordando a salsa bolognesa!

Curador disse...

Buenas Noches. Muy bueno su sitio. Escusa mi español no es bueno. Gracias por el post escribes muy bien.
hasta

Pablo disse...

Eu tamén pasei por aí cando era neno pero só lembro as devesas e os touros pacendo na beira da estrada.

Curador, párteseme a alma cando vexo aos portugueses tentando comunicarse en español cos galegos...

FraVernero disse...

Moitos porcos por aló abaixo. Unha cousa que sorprende imaxinar: un país con porcos en cada esquina...
España profunda, aliás, castiza e carpetovetónica. Iso non quita que teña os seus pequenos encantos, anque Castelao está máis na miña liña coas súas 'verbas de chumbo'.
Hai agora algo de polémica coa 'fala', que o goberno integrista extremeño négase a recoñecer como 'galego'...

SurOeste disse...

Si, xa lin a nova na Voz. Vai ter que vir Ibarra a darnos unha leccións de filoloxía románica.

Anónimo disse...

Thank you!
[url=http://yxvlsnuk.com/qect/ezos.html]My homepage[/url] | [url=http://kmowvlny.com/uslj/nzyh.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Good design!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Thank you!
http://yxvlsnuk.com/qect/ezos.html | http://qfllchkg.com/dppn/cjar.html