Número total de visualizações de página

quarta-feira, abril 26, 2006

O país dos colchós de lá

Había unha vez unha nena que vivía nun estraño país onde os colchós eran de la de ovella. Eran colchós cálidos e confortables e mantiñan unha estreita comunicación cos corpos que acollían. Moi de cando en cando era preciso desfacer os colchós para deixar airear e espilir a la. O tempo ideal para realizar este labor eran os soleados días de verán ben venteados de nordés. Daquela a casa víase presa dunha actividade frenética: desfacer costuras, varear a la, estendela polo piso do sobrado e deixala asollar. As felerpas de la, vellas e amarelas, sepultaban a paisaxe cotiá. Podería ser unha festa para a nena aquela, pero, inexplicablemente, era un espectáculo horripilante que lle producía pavor. A visión, a posibilidade do tacto e o boreo que se formaba arredor daquelas tristes piltrafas esparexidas por tódolos sitios mantíñana arredada nun curruncho.

-¡Ven aquí, non sexas parva! Teño unha cousa para ti.

Era o pai, sorrindo e ofrecéndolle os brazos. Unha tentación moi forte, pero no medio, interpoñéndose, moreas de la amarela.

¿E se brincara moi rápido, pechando os ollos e sen respirar, pensando só nos brazos fortes do pai, no seu olor, na súa risa ó collela en alto?

-¡Veña...!

Foron varios brincos, unha sensación de repugnancia subíndolle polas pernas acosadas de la esfelerpada, pero alí estaban os brazos amorosos para rescatala. Xa se esquecera da recompensa porque o mellor era ser quen de chegar onda el e ter o seu recoñecemento.

Pero si que houbo sorpresa e un berro altísimo porque diante dos fuciños tiña unha presada de la ofrecida burlonamente polo seu pai para que a metera dentro do vestido. O seu pai tan amado, ¡que contento estaba de completar con éxito a broma e acabar coas aprensións ridículas da nena!

10 comentários:

musgallo disse...

Joder! Metera unha entrada e non ma deixou publicar! A ver se esta si!

musgallo disse...

Pois dixera que vaia puta vida a túa! A min non se me ocorre agora ningunha xogarreta que me fixeran de nena pero fixéstesme acordarme deses colchóns de lá que coñecín pero nunca durmín neles. Nunca me preguntara que facía a lá marela e marrón escura fóra da tea, que cousas! Eu xogaba con esa lá que cheiraba moi mal se a mollabas.

SurOeste disse...

Que puta vida? Educación espartana, chámase.

torredebabel disse...

cantas leccións espartanas temos levado nós. E cantas máis os nosos pais. E ainda maís os nosos avós. Eu son feliz cando a "educación espartana" perder terreo.

caravelete disse...

Non se durmía mal nos colchóns de la... o caso era espantar as pulgas.

farloppomanontroppo disse...

Pulghaaas! Pulghas e chinches? pero debedes ser máis vellos ca Matusalén!

SurOeste disse...

E ide aprendendo, que nós non habemos de durar sempre!!

Anónimo disse...

Nice site!
[url=http://xmnodmas.com/zpfi/ogxm.html]My homepage[/url] | [url=http://rnsdeiqy.com/sskg/kfki.html]Cool site[/url]

Anónimo disse...

Well done!
My homepage | Please visit

Anónimo disse...

Thank you!
http://xmnodmas.com/zpfi/ogxm.html | http://qbiwylbg.com/awbt/dlvf.html