p. Poesía. Patria. Paixón.
Perigo de extinción, perdidos na nosa propia Pureza, da necesidade de ser un Pobo. A nosa indiferencia alimentará o Proceso de autoxenocidio que vivimos.
Paisaxes espalladas, enfiadas entre os Perfiles do Pasado, coa presencia dunha vexetal sensación de eternidade.
Paixón e Poses "punk", refrexos Postmodernos e altas horas nos Peiraos urbáns da noite.
Lois Pereiro, "¿Que é Galicia?" (guión televisivo) (Emitido pola TVG o 25-7-88)
6 comentários:
por favor, esixente público, interésanme as vosa impresións sobre Lois Pereiro, a súa figura e a súa obra.
Paréceme o mellor escritor que deu Galicia nado despois de Ferrín:
Mala sorte
E por primeira vez desde que souben
que aínda respiraba e seguía vivo
sei o que é sentir medo a non estalo
Interrompido na mellor escea
cando estaba soñando un soño dérmico
de paixón e beleza
cunha serea distancia literaria e sabia
Só ela podía ser tan inoportuna
groseira inculta e pouco delicada
chamándome despois de ter sobrevivido
á confortable atracción do fracaso
e saber dunha vez o que era a vida
amar e ser amado.
setembro, 95
Un dos poemas que máis me revoluciona por dentro.
Gusto moito do señor Pereiro, anque probábelmente non chegue ao apaixonamento eueano -nen por Mc Ferrín tampouco... xD
A verdade, só lin a 'Poesía última de amor e enfermidade', que me parece que é posíbelmente o mellor libro de poemas dos 80, xunto coa obra completa de Eusebio Lorenzo Baleirón. Varios amigos meus discutirían (e xa discutiron no meu blog...) isto, apostando no seu caso máis ben por 'Eclipse' de Baixeras...
En todo caso, encántame Pereiro. O dito. Cando poida, botarei man dos 'Poemas para unha loia', anque me resulta pouco grata a nova edición plastificada dos libros de Espiral (e iso que é máis cara que a vella...).
En Edicións Positivas, a editorial máis vangardista de Galicia.
poesía última... non pode ser o mellor libro dos 80 xa que foi escrito nos 90, deixémonos de etiquetar como moniños nunha cadea de montaxe e disfrutemos do que temos, un poeta enorme e unha obra cortiña mais intensa
poesía a contraluz, tenebrosa, descarnada e indixerible para moitos...mais pola contra paixón, desexo, amor, sentimento e cantidades inxentes.
Luz da Galiza
Grazas pola vida e a furia
sempre lois.
Enviar um comentário