Número total de visualizações de página

quinta-feira, março 09, 2006

Homenaxes

Á miña nai, que me secaba os cueiros na lareira mentres daba clases de alfabetización moi lonxe da nosa casa.
Á miña avoa, que me deixaba nun paxe no arredor mentres sachaba o maínzo.
Á miña bisavoa, que me aprendeu a pelar as patacas moi pequeniña.
Miñas mulleres traballadoras de mans doces e encalecidas que non queiman as brasas.

11 comentários:

musgallo disse...

_Á miña veciña Amalia por acabar bébeda ao compartir as copas co home para que este non caia redondo.
_ Á vella Mercedes a quen a traizoeira soidade só lle procurou coma compaña a botella de Felipe II para ghulichar tamén en soidade (as mulleres non poden ir ós bares).
_á vella Bárbara que tivo 6 fillos de solteira porque tivo que facer o segundo para poder criar o primeiro.
__A tantas e tantas tristuras.

SurOeste disse...

Musgallo: sarcástica e feroz. os teus lostregazos estimúlanme a circulación periférica.
Seguide o exemplo e animádevos a pegar aquí as vosas homenaxes.

FraVernero disse...

-A min mesmo, pola miña paciencia e por non desasperar das persoas... sinaladamente, as do xénero oposto.
xD

SurOeste disse...

Ai o xénero oposto! Vostede perdoe, Fra, pero a min paréceme que no sexo oposto pretende atopar algo moi definido que existe na súa febril imaxinación, tal como unha fada pondaliana ou unha princesa lánguida aínda que afeccionada ós latís. Déixese levar, home de Deus, déixese seducir por elas, aínda que non teñan o sobaco pelado.

FraVernero disse...

Ums...
Non creas, suroeste. Malia as apariencias a que poida dar lugar nas ondas virtuais, son unha persoa materialista (como todo bo seguidor de Marx), e alleo ás mistificacións. As mulleres que me gustan a cotío son reais (demasiado reais), anque o tema da seducción é complexo. Eu xa me deixo seducir por elas; o caso é que saben disimular a seducción a mar de ben...
xD

SurOeste disse...

Perdoa que insista, estimado Fra, pero dime:
-¿Ti atacas?
-¿Se che atacan elas como reaccionas?

Dalgunha maneira o resto dos mamíferos teñen que decatarse da túa disponibilidade sexual.

É un tema interesante: "a evolución no compartamento sexual dos humanos de entre 20 e 30. Cambios e perspectivas"

Sei que hai moitos homes que reaccionan mal cando é a muller a que toma a iniciativa. Aínda así eu nunca tiven paciencia para agardar sentada e paciente que o parvo do prícipe azul reparara na miña existencia. Hai que arriscar.

Creo que vou acabar poñendo un consultorio. (Non quero nin pensar que lea isto Musgallo; vaime poñer pingando)

musgallo disse...

Ja, ja...! e logo, muller? Me parece que ti máis eu nos parecemos abondo, anque que creo que non tes entre 20 e 30 tacos, senón algún máis.
Aseguro que Fraver, pese a que presume absurdamente de misóxino, non o é en absoluto e que tempouco, como asegura, procura unha muller de fábula.Simplesmente quere unha persoa cun mexilón entre as pernas.
O que si, Suroeste é que o príncipe azul non existe. A Deus grazas. Imaxínaste que cousa amorfa? Un bico, Suroeste.

FraVernero disse...

¡Argh! ¡Condenación!
xD
A verdade é que eu, o que se di atacar, ataco pouco (como desconfío profundamente das realidades da seducción, parto da necesidade dunha demostración previa, por fugaz que sexa, dalgún tipo de desexo antes de porme ao tajo). Canto a que me entrasen, estaría encantado, claro -anque son prexuizoso en moitos eidos, o das mulleres decididas a romper cómodos moldes patriarcais non é un deles. Máis encantado aínda se a rapaza ten algún atractivo.
Canto á que o resto das mamíferas se den conta da túa dispoñibilidade, creme, é algo que sempre sabedes sen necesidade de explicacións... xD
Musgallo, vexo que xa saíches coa crueza que reservas para certas ocasións, demo... xD Algo máis se busca que unha vaxina non dentada, muller...

musgallo disse...

Crueza? Vaia maneira de interpretar as cousas! E eu que saín a defenderche dos malévolos comentarios de Suroeste, este vento tan despiadado! Por certo, que tal a peli? A ver se vou a vela. Perdoa, Suroeste por utilizar o teu recuncho para temas alleos aos propostos, pero o Fraver négase a me enviar un correio a pesar de lle ter enviado xa por sms o meu enderezo. Agora, se o quere saber que o pregunte por aí.
Por certo, algún de vós foi ver Crash? Que tal?

SurOeste disse...

Si Musgallo, si. Podédesme chamar Tía Suroeste, se queredes.

FraVernero disse...

Ums...
Non, non vin 'crash', anque me da mala espiña. Canto aos correos, deberías saber que son moi preguizoso mandándoos (e ti tampouco me mandeches ningún).
Canto á peli de Scholl, non estivo mal, anque ao meu ver presentaba dous defectos graves de fondo: por un lado, os nazis todos parecían compadecerse e turbarse coas verbas da protagonista (cousa totalmente ahistórica e ata feble narrativamente, anque posíbelmente teña que ver co afán haxiográfico e coa mitificación do personaxe na república federal como 'encarnación da resistencia' -non comunista, claro). O outro, a ausencia notábel de evidencias de tortura, que probábelemente foi empregada nos interrogatorios...