Número total de visualizações de páginas

quinta-feira, março 30, 2006

Saltaparapetos

Ó meu avó gustáballe contarnos a guerra. Nunca esquecerei a súa narración do bombardeo de Guernica. Pero iso outro día, hoxe queríavos falar do saltaparapetos.
O saltaparapetos
era unha beberaxe que lles daban ós soldados antes de entrar en combate, para que fosen coma ovellas, cegos ó perigo, e para que mataran coma lobos a todo o que se puxera por diante. El nunca bebía. Nin o viño da casa. Tampouco o saltaparapetos, por iso era dobremente consciente do horror da guerra e sabíao transmitir cando contaba os centos de avoitres devorando cadáveres abandonados, ou os saqueos salvaxes ordenados polos mandos. Sempre sobrio, estudando a maneira de safarse daquilo.
Nunha ocasión, un veciño co que coincidía pediulle o seu saltaparapetos. Deullo e a dobre ración salvoulle a vida: estaba tan borracho que non puido ir canda os da súa compañía e cando espertou era o único vivo.
Ó meu avó ferírono con metralla nunha perna, sempre ensinaba a cicatriz, e xurou que non volvía ó inferno. Arriscouse a que lle amputasen a perna pero saiu coa súa.

22 comentários:

Anónimo disse...

O meu avó en cambio non gostaba nada de falar da guerra. Polo pouco que contou, gastou moitas balas tirando ao aire.
Pasou fame, medo e coraxe: era socialista, foino sempre, e se non o pasearon foi porque tiña un cuñado garda civil que o tachaba das listas de detención. Debeu ver moito horror, víaselle na cara cando se falaba do tema.

SurOeste disse...

Doume conta que o meu avó, Ai Dios mío, xa daquela desconfiaba das metanarrativas. Non se lle perdía NADA na guerra.
E aínda así, case o mata a paus a garda civil. Unha vítima do terrorismo, xa vedes.

SurOeste disse...

Mariano Rajoy, vai á merda!!!

torredebabel disse...

coma di nona, o meu avó xamais dixo unha soa palabra sobre a guerra. Nunca. Xamáis. E non foi porque non falase ou porque non fora un moi grande contador de histórias. Seica á miña avóa algunha cousa contoulle, sempre no segredo do matrimonio, falando baixo cousa de non ouvir o que está un contando, e ten que ter sido moi terrible porque ela (non moi amiga das confidencias, ou polo menos non moi amiga de gardalas) xamais soltou unha soa verba...
É coma di nona, debeu ver moito horror. Neste caso, víaselle no silencio.

FraVernero disse...

Ams, xa estamos coa sofística posmoderna... xD Mellor nos tería ido se máis tivisen confiado no noso metarrelato frentepopulista...
xD

¿E non sabes a receta dese brebaxe satánico que quitaba os medos? Algunha especie de mal metílico, o máis probábel...

Anónimo disse...

Cher Southwest,

o teu nome recordame a unha cancion do disco The boatman's call de Nick Cave. Pero isto en realidade non ten importancia.

Primeiro leo no jornal do pais que o seu suplemento de culturas adica o sabado un especial a filosofia europea e dun dos autores omiten o apelido e doutro sacaran unha entrevista (e moi interesante, por certo) a semana anterior en El Pais. Digamos que el metarrelato es cuando nos afirmamos comiendo de lo que cae de las sobras de la periferia e pensamos que iso é facer pais. Que pais! Logo leo un titular no que se afirma que Cortazar era un grande admirador de Galicia...

sigo escribindo a filipica outro dia que agora debo marchar (féminas reclamanme... he, he...).

SurOeste disse...

Bueno, Bueno, Bueno. Sir Gawain in love!!!! Fravernero, queremos detalles.
Gawain, querido, cando remate a bibliografía mándoche o tocho rematado (ou iso creo).
Querida Nona, admirada Torredebabel, eu vivín sempre cos meus avós. Cando na escola me mandaban debuxar á miña familia tiña moitos avós que tiñan que saír na foto e dábanme moito traballo. Pero coñecinos ben e tivemos tempo a contarnos moitas cousas. Eles pasáronnas putas na guerra e na posguerra. Eu sei toda esa historia que se conta tan pouco. Aquí hai vítimas do terrorismo que nunca van saír na foto. Vouno contar sempre que teña ocasión. Memoria histórica. E en Arxentina igual, non se pode permitir que se tapen estas cousas.

Anónimo disse...

recomezo a comunicacion de onte (sempre, sempre, toujours recomencée...)

Por que Cortazar era un grande admirador de Galicia? Pois porque dixo textualmente "El Minho es un rio como hay pocos". Pouca xente ama tanto coma min a Cortazar, quede claro. Sen embargo direi que o dia que dixo iso debia estar de resaca. O problema non é ese. O problema é que iso pase a formar parte do tecido da nosa dignificacion. Nun hipotético dialogo con tio pepin hai tempo que lle dixen que cada palabra ten o seu lugar. E isto non é un texto baleiro.

Que pais!


Non recordo que outras majaderias habia na prensa de onte. A proxima vez que se me ocurra abrir a web do noso jornal da nacion vou ter que meterme eu catro ou cinco saltaparapetos deses.

Prefiro non dicir nada sobre o tema que se discute. Afectame pero temo dicir unha banalidade.

E ainda asi non me resisto a mencionar un senso de lectura dunha declaracion contra Hannah Arendt de Zizek na interesante entrevista que lle publicou Babelia o sabado pasado. A autora hebrea e alumna (e amante) de Heidegger é un dos meus puntos escuros en canto a teoria desde hai anos. Non creo que sexa o demo, isto é, non chega os niveles de insuficiencia de Susan Sontag. Creo que os seus eséxetas fervorosos faille moi flaco favor. E desde logo creo que debemos buscar o mais afastado que concibirse poida a un lugar de verdade. No libro sobre Eichmann hai unha descalificacion de suficiencia que se fose sincera non necesitaria afirmarse tan distintivamente, no célebre prologo a edicion americana de Benjamin aprovéitase descaradamente da imaxe que este proxecta e leva a auga cara o seu muinho (maquieira, Hannah!) dun xeito descarado...

O que quere dicir que o importante é a infinidade residual do traxecto...

Isto era o que queria dicir sobre o post.

SurOeste disse...

...e deduzo que quere dicir tamén que non só non estás in love senón que estás in babelia.
Vouche mandar a Matahari disfrazada de crítica literaria para que che dea o teu merecido.

Anónimo disse...

Leña ó lume...

Suroeste, ¿non presinte vostede un certo ensañamento de Sir Gawain nas súas críticas ás féminas?

Conste que Sir G. (ou punto G, que monta tanto) é unha mente lúcida, de alta velocidade, con firmes alicerces, blablablabla, o que matiza un pouco as súas 'virulentas' críticas, pero aínda así.

Farei unha confesión: eu creo que Susan Sontang fastidiouno cando dixo que "en lugar de una hermenéutica, necesitamos una erótica del arte".

¡Ai, Sir G.! Teño ganas dun novo diálogo con xamón e queixo (lugar da palabra), ou mesmo con chocolate (cacao, quede claro).

Suroeste, bicos.

Anónimo disse...

Que non me caia ben Hannah Arendt (é certo, nin tampouco a Sontag, nin tampouco nada en absoluto Simone de Beauvoir e coa mitificada Simone Weil sufro os meus problemas ainda que sei o seu valor)... pero iso non é porque eu sexa un misoxino, senon porque non me gustan as vidas mitificadas nin o que non é. As operacions de marquetin e as rebeldias publicitadas que se venden co New Yorker ou co que sexa...

Enton?

Que iso pasa tamén con moitos escritores masculinos? Acaso o neguei eu? Acaso fixen unha acusacion contra a incapacidade para pensar das mulleres? Non. Porque non creo que as cousas sexan asi. Pero tampouco creo no relato da opresion secular, nese senso son un pouco baudrillardiano.

Hai mulleres as que admiro e que tantisimo me aportaron cando eu como pequeno polo andaba - e ando - buscando alimento para pensar polo mundo adiante.

E asi afirmo que non poderia vivir sen Maria Zambrano, sen Gayatri Chakravorty Spivak, sen Elsa Morante, sen Mélanie Klein, sen Ida Lupino, sen Vittoria Colonna, sen Ingeborg Bachmann, sen Julia Kristeva, sen a Comtessa de Dia... e via dicendo...

Pepin, falar-hemos... con tanto atrezzo como consideres necesario. Creo que o que sinalas non é un erro por parte da Sontag, senon que representa o modo retorico en que o pensamento é substituido polo eslogan, que o que se di cando non se ten nada que dicir. A min a Sontag paréceme un interesante efecto de boomerang xeocultural. Se estiveses aqui falariamos diante dun xelado.

O xelado italiano, por certo, é a idea sublime do torpe xelado patrio que so se parece os xelados que hai aqui en que esta frio e é doce.

Anónimo disse...

Non è detto che io non sia innamorato, tesoro!

Ah...

eue disse...

Que sorte tes. Eu quedei coa gana de lle preguntar en serio ao meu avó pola guerra. Así a todo el só contaba anécdotas.
E logo berraba polas noites...

SurOeste disse...

O meu avó era ben falangueiro, contáballe a guerra a todos os que caían pola casa: o bombardeo de Guernica, o cerco de Bilbao, a batalla do Ebro...
Un día chegou da herba dicindo que falara...¡cuns coreanos! Rímonos del, claro, ¿como ía ser iso posible? Pois asegurounos que si, que os coreanos viñeran por aquí a aprender a facer barcos (vaia pista!)e que estaban moi interesados no cultivo do maínzo (outra máis!). Os coreanos, desde logo, aprenderon a facer barcos de "puta madre" e o do maínzo non sei como lles iría, porque seguen a ter cara de estriñidos (homenaxe a Musgallo).

Anónimo disse...

O meu avó era un bo home, pero non era quen de enfrontarse aos seus medos. Por eso calaba en vez de conxurar o horror. Eu queríalle moito porque me criou (son filla de emigrantes; cando os meus pais volveron de vez, non os coñecía, coma quen dí).

eue disse...

Maínzo! Só teño que coller o volume de "Dialectoloxía e léxico" para acoutar o tema, Suroeste. E no da costa certei! Zona de gheada, por suposto... Aventuro norte da Coruña do bloque central, pero sigo pescudando...

SurOeste disse...

Hai avós e AVÓS. Os nosos eran AVÓS, Nona. Os meus tamén eran padriños (meus, efectivamente) pero tamén de tódolos nenos que naceron na casa. Un vello costume, tamén.
Ben, Eue, vas estreitando o cerco. Pero como te vexo tan especialista e con tanta bibliografía tés que atinar con certo grao de exactitude. Cando me teñas a tiro de pedra, entrégome. Ánimo rapás!

eue disse...

Ha! Seseo implosivo.

Anónimo disse...

É verdade, na miña casa tamén os avós ( e os bisavós) eran padriños dos cativos(de pequena non lle chamaba avó ao meu, o grao de padriño ía por riba).
¿E non serás de Cedeira, Suroeste?

SurOeste disse...

Non tal.

Anónimo disse...

Desculpa a presunción. E de Cariño non has ser, claro. Fáiseme tan familiar a tua fala...¿Ortigueira? ¿Mañón? O de "Non tal" só recordo telo escoitado aquí (creo que ao meu avó nunca lle oín dicir "non", sempre "non tal").

SurOeste disse...

Desculpadísima, Nona.
Ortighueira non, CAriño tampouco, da Vila e Terra xa o dixemos...pero aínda que tampouco imos moi mal hai que afinar un chisquiño.