Cando amañamos a casa, a vella casa familiar, quedaron moitas partes se rematar e, polo tanto intactas. Unha delas foi o curral: os pendellos, as cortes e a parra (barra) quedaron á espera de novos aforros. Entre tanto moitas daquelas construcións foron quedando obsoletas: as cortes xa non tiñan animais, o arado romano e as rodas do carro levaban xa moitos anos de xubilación colgados nun dos alprendes de acceso á casa polo meu avó (déixao estar aí que se cadra algún día...), a sementadora, a sachadora por alí tiradas nas cortes vellas... E agora que imos facer con todo isto? Bernizalo e convertir a entrada da casa nun alprende kitsch? Doalo a un museo etnográfico?
Ai!
12 comentários:
Ah... a entrada convirtese nunha traxedia bergmaniana... E sen embargo nese lugar tes a esencia do posmoderno... Salto o baleiro do moderno (superposicion ou non superposicion?) basado nunha armonia perfecta entre criterio estetico e funcion levada cara a sua imposibilidade xa no pavillon... non no do poeta romantico senon no de Mies...
Seino, seino. O meu posmodernismo en realidade é posagrarismo, pero a esencia do dilema é semellante.
Querida...
Domani teras unha resposta precisa e profunda sobre o ultimo correo que me mandaches...
Comprométome...
Non che recomendo o do museu etnográfico... A xente pasa menos polo Museo de Pobo Galego do que pasa polo CGAC do lado (e iso xa é dicir). E os que van evitan as dornas e os aparellos, e só pasan polas recreacións da Miranda cunqueiriá ou polos instrumentos de música e heteróclitas exposicións temporais...
Fravernero:
Só me queda unha opción daquela: crear oficialmente o posagrarismo. Vou ter que ir pensando nun manifesto. E a ver que xeito lle busco ó arado romano.
Suxerencia para o arado romano (aplicable á sachadora, sementadora, etc.): o tuneado, sen dúbida. Penso en cromados, pintura acrílica de intensas tonalidades, rella de metacrilato, lector de mp3, etc.
Xa me contarás.
Asegúrate de que o remozado non se faga segundo a estética agropopart http://caladinha.blogia.com
CORREO ENVIADO - agora xa é cousa tua.
Decididamente comparto a idea de tio pepin que demostra ser un dos estetas mais adiantados do pais. Claramente a unica solucion creadora dun baleiro de desafio posmoderno é o tuneado.
Un manifesto do posagrarismo deberia incluir algunha proclama sobre a necesidade de organizar coros de sachadoras que dean golpes no sacho con exemplares vellos do Pravda/ANT no que escriben os seus fillos estudiados...
Bicos,
N.
O Pravda, o Pravda, pensas que son a duquesa do Thissen para facer colecións internacionais? Eu se cadra un Terra e Tempo ou un Teima, e aínda buscando ben os libros de Historia do Bacharelato da miña nai.
Ben, amigos, mans á obra. Presentarei resultados ó comité.
Saúde e Terra despois do agrarismo!!!
¿Como vai ese tuneado, Suroeste? Cando mereza a pena manda foto.
Estamos na primeira fase, compañeiro, pero despois da primeira vén a segunda e maila terceira.
E a foto contade con ela, o malo é que aínda teño que aprender a metela na máquina (É o que temos os ruralitas: chegamos despois ás tecnoloxías)
eu estou con teu avó: déixao estar aí que se cadra algún día...
Enviar um comentário