Número total de visualizações de páginas

terça-feira, fevereiro 07, 2006

Esta seguro que non a sabiades

Había unha vez un tal Adán e unha tal Eva, parella da que ben se podería dicir que foran feitos o un para o outro. Vivían no Paraíso Terreal, o mellor dos sitios posibles, o único posible naqueles primeiros tempos. Un tal Deus puxéraos alí. Ben, en realidade, primeiro creounos e logo ubicounos.

É moi curioso que a Deus se lle ocorrera antes de nada crear a Adán, o home no sentido de macho, con tódalas inequívocas características masculinas: ombreiros anchos, cadeiras estreitas, pene...e logo, a maiores, e a xeito de xoguetiño para Adán, a muller. Digo que é curioso porque, se a decisión de crea-lo home era única e definitiva, o home na súa versión macho non pode autoxestionarse, non pode xerar vida e, polo tanto, cando se acabara Adán acabábase todo. Se decidise crear antes a muller evitaría ese inconveniente. É sabido que en tódalas culturas existen as virxes preñadas misteriosamente: un airiño de nada, un baño do máis inocente e ¡zas! un embarazo que nunca ninguén vai reclamar. Poida que Deus, lonxe de contemplar todas estas posibilidades, fixese a Adán a modo de exemplo, coma unha criatura avantaxada entre tódalas demais, e que ó se decatar da súa falta de perfección, crease a Eva para que o completase. Adán sería só un experimento que se lle foi das mans ó mesmísimo Deus, paradóxicamente por culpa de Eva.

O Paraíso Terreal era un lugar fantástico. Había comida e auga en abundancia, non facía frío nin calor, non había moitos perigos. Todo á man, a disposición absoluta de Adán e Eva aínda que... é necesario mencionar un pequeno detalle que non encaixaba moi ben naquel lugar idílico: refírome á árbore da ciencia.

A árbore da ciencia estaba chantada no medio e medio do Paraíso Terreal. Chamaba a atención: impoñente, exuberante, incitante, sempre cargadiña duns froitos recendentes e vistosos. Sen embargo, Adán e Eva tiñan terminantemente prohibido achegarse máis da conta a ela e, por suposto, cata-los seus froitos. Cando lle preguntaron pola causa de tan ríxida prohibición, Deus retrucoulles con aspereza cunha consecuencia: É que se me desobedecedes expúlsovos do Paraíso. A contestación divina deixounos aínda máis desconcertados: ¿expulsalos? ¿a onde? Adán e Eva só coñecían o Paraíso. Era o único que existía para eles. Malia a súa ignorancia entenderon que non debían preguntar máis e desde aquel día en diante sempre quedou a sombra do misterio e da curiosidade nunca satisfeita en torno á árbore prohibida.

Aínda así e todo, Adán e Eva levaban unha vida moi agradable. Adán saía a cazar, máis por diversión ou pasa-lo tempo ca por necesidade. Eva tomaba longos baños, secaba á caloriña do sol, peiteaba os seus fermosos cabelos e adornábaos de flores. Ó longo de tempo deu domesticado algúns animais pero...algo lle faltaba. Sería que non tiñan casa, ¿para que? se non había nada do que gardarse, nin fillos, nin... E Adán tampouco non lle facía moito caso. Ó principio si, pero agora inclinábase máis pola caza e, cando volvía, botaba grandes sestas. Eva era incapaz de durmi-la sesta, a non ser despois dunha boa sesión de sexo, pero ultimamente non era probable que durmira a sesta.

Unha tarde, mentres Adán roncaba ó seu lado ferozmente, Eva non deixaba de pensar en todas estas cousas que lle queimaban a alma. Non se atrevía a comentarllo a Adán, porque tampouco sabía moi ben o que lle ocorría nin o que desexaba. A poucos metros estaba a árbore da ciencia, espléndida, fermosísima. Decidiu achegarse cautelosamente á extrema do permitido e desde alí axexar-la súa presencia magnífica. Case sentía aquela sombra refrescante, intuíaa pero aínda non... ¡que sustazo! unha cabeza de animal apareceu repentinamente entre as follas. Os seus ollos refulxían; o seu corpo, longo e estreito, enroscábase nas ramas. Un non-sei-que de fascinación e repulsión percorreulle o corpo a Eva. Para maior asombro, o animal falou coa súa estraña lingua gallada:

- ¡Eva, mulleriña! dá mágoa verte tan amorriñada podendo ser unha muller feliz e dona do teu destino. Eu, para min, que ese Deus tenvos aquí enganados, minguados e aborrecidos, sempre na súa presa. ¡Non é máis ca un vello coreño que vos ten taxado o pracer e o coñecemento que vos levaría á plenitude! Ti é-la única que te decatas ¿ou non ves ó teu Adán? cada día máis papán e aburrido, roncando coma un porco marrau e sen ansia ningunha.

Eva estaba conmovida. ¡Que ben expresaba a condanada víbora todo aquilo que se remexía no máis fondo da súa alma e lle provocaba aquel desasosego no peito! Decidiu seguir escoitándoa, aínda que deu un paso atrás, por precaución. Sen se decatar, a víbora fóraselle achegando tanto que xa lle facía cóxegas coa língua bífida na punta mesmo do nariz. Un pouco insolente si que era, e logo estaban aqueles ollos que a aparvaban e lle producían unha sensación de embriaguez.

-Se ti queres, Eva, e has querer porque es unha muller espilida, eu podería amosarche a maneira de acada-la liberdade e a felicidade. É moi sinxelo, antes de nada desobedece, racha, transgrede e ¡come os froitos da árbore! Asegúroche que non te sentirás decepcionada.

Cando acabou o seu parlamento, a víbora tiña totalmente posuído o corpo de Eva quen, tremendo, se desmaiou.

Acordou sen saber qué lle pasara, co corpo todo lixado de terra e dunha sustancia apegañenta que a anoxou. Sentiuse débil e mareada. As pernas case non termaban dela e a testa ardíalle. Como puido, volveu cabo do seu compañeiro.

Adán seguía na mesma: respiración abdominal, ronquido suave, un fío de baba a esbararlle na xunta dos beizos. Custoulle caro sacalo daquel prácido sopor. Moi axitada, foille contando a súa experiencia e todo canto lle dixera a víbora.

Adán non era quen de comprender aquela tendencia á complicación e á aventura de Eva. Non compartía o seu desasosego existencial, pero aínda así, para demostrarlle que un home é un home e que estaba disposto a protexela de calquera cousa que ameazara a súa tranquilidade, decidiu achegarse á árbore da ciencia e darlle unha lección á víbora sabichona.

A víbora non se deixou ver por ningures, pero houbo de recoñecer que as inmediacións da árbore eran un lugar agradable en grao sumo. Por suposto o Paraíso era de seu moi agradable, pero os arredores da árbore eran irremisiblemente atractivos, facíante pensar, respirar máis fondo, mirar máis alá... Sen darse conta pasou os límites, paseou baixo a súa sombra, apaxou as súas follas, apañou algúns froitos e regresou xunta Eva.

Atopouna suorosa, nun delirio febril. No seu discurso atrapallado e confuso distinguíase o nome de Deus que semellaba cuspir con rabia. Logo choraba con desespero e colgábaselle a Adán con forza do pescozo. Adán non sabía qué facer ante aquela situación totalmente nova. Sentíase desbordado por aquela loita que se estaba librando dentro da súa compañeira e tivo medo. Medo de perdela, medo de ficar outra vez só naquel paraíso que xa non tería sentido para el. Sen saber moi ben a razón, botoulle a man a un dos froitos e deullos a comer a Eva, pois antes que nada sentía a necesidade de aliviarlle aquel terrible padecemento. A continuación, coma se fose a consecuencia lóxica do acto anterior, probouno el tamén. Unha inmensa sensación de paz e conforto invadiu o seu corpo e, xuntos, adormeceron.

Espertaron sobresaltados, víctimas da ira divina; Deus repudiábaos do seu amparo. Non só era coreño, era tamén implacable: maldicíaos, botábaos fóra, impoñíalle-la dor, o traballo, nómadas para sempre, perseguidos pola súa mirada severa ata a morte. ¡A morte! Era a primeira vez que consideraban que a morte podía afectarlles tamén a eles. A morte, contraria á vida pero tamén complementaria, agardando por eles.

Logo viñeron días duros e difíciles. Tiveron que aprender moitas cousas para sobrevivir, pero a súa curiosidade aguilloábaos cada vez máis e incitábaos a seguir experimentando. Xuntos descubriron un mundo novo, ben lonxe do Paraíso. Volvéronse atrevidos e fortes; tiveron fillos e iso fíxoos sentir á vez medrados e vulnerables, por iso quixeron face-las paces con Deus.

E a historia continúa, pero enguedéllase de tal forma que se esfiaña noutras mil historias, todas diferentes, pero, no fondo todas enlazadas na mesma trama.

7 comentários:

SurOeste disse...

Vale, vale, xa me poño a traballar en vicios e maldades.
Este estaba no fondo do caixón, é de cando me estaba convertindo á escuridade.
A cousa é que non creo que Eva cambiara de jumento. Para min que quedaron con tal sentimento de culpa que non foron capaces de desenguedellarse un do outro.
E iso pasa, non me digas que non.

FraVernero disse...

A que foi máis espelida foi a Lilith, que non se deixaba mandar polo home e cando cabalgaban prefería situarse enriba. O homiño non debía ser moi espelido, pois non disfrutaba da postura e queixouse ao Xefe. E Lilith sí que cambiou de maromo...
O sexo certamente se voltou vicio e malo, anque sospeito que iso é máis cousa de Agostiño de Hippona que do libro do Xénese. Ben sabido é que o bispo era unha persoa moi atormentada polo gusto que lle daba o sexo, cunha tormentosa vida xuvenil e fillos dispersos por Roma adiante...
Nembargantes, as mulleres máis parecedes fillas de Lilith ca de Eva. Un supoñer. E sodes moito máis viciosas e malas que o coito...

SurOeste disse...

Non somos máis malas, dámonos conta das cousas antes, simplemente (o cal misteriosamente tampouco nos fai mais listas).

eue disse...

A min gústanme as fillas de Lilith.
Coñeces a Samuel Solleiro? Elexías a Deus a ao Diaño, na colección Peto de Xerais. Pura e hilarante irreverencia.
É dos meus autores novos preferidos.
Ah! E se o do paraíso fose certo, non seriamos todos produto do incesto? Sempre me atormentou iso...

SurOeste disse...

Non o coñezo, non, pero se mo recomendas ti hei mirar por el.
Claro que somos produto do incesto e do atropelo e do accidente, pero supoño que tamén do pracer e da inocencia e do amor.
Amén (o estilo Mujer de Hoy de novo asomando, Musgallo)

SurOeste disse...

Musgallo, vivo no anonimato pero non teño heterónimos. O nordés pega moito no meu curruncho e sempre me desacouga. Non me deixa soprar tranquila.

Anónimo disse...

gran libro, "elexías a Deus e ao diaño"...; non é irreverente en absoluto. É real como a vida mesma. Os relatos son auténticos. O resto son mentiras.