Estou lendo a correspondencia de Manuel Antonio e non podo deixar de admirarme da súa inquietude cultural, do seu radicalismo e da súa maneira lúcida de interpretar a realidade nas discusións epistolares que mantén co seu curmán Roxelio e co seu amigo Rafael Dieste.
Manuel Antonio mantén correspondencia con personaxes relevantes como Castelao ou Risco ós que pide información sobre os temas que lle interesan (arte, literatura, política), pero é con Roxelio e con Rafael cos que mantén unha relación fraternal na que se pode expresar con maior comodidade.
A R. Dieste repróchalle que sexa un "hespañolito" que colabora na guerra de África e pregúntalle " Si algún día recobraches a túa frialdade filosófica, pensaches n-a responsabilidade, diante da túa concencia, d´haber axudado a roubar a súa persoalidade (s´é salvaxe a min qué?) y-a sua liberdade (sempre respetabel) a un pobo?".
A Roxelio, que rexeita o seu convite a integrarse no nacionalismo porque a el o único que lle interesa é a pedagoxía, lémbralle que a pedagoxía é un medio, non un fin e que os establecementos de ensino británicos, que Roxelio tanto admira, teñen como finalidade facer ingleses, "Mais aquí nin somos ingreses nin compre facel-os.- Fai pedagoxía galega".
Tiña 22 anos e estudaba para piloto. Era vago, soñaba cunha vida de aventura e quería facer poemas novos en galego, isto último tíñao moi claro.
8 comentários:
Muito obrigada pelo comentário!!!
Vou tentar deixar sempre um pouco de Brasil no meu blog!!!
É domingo e acábome de erguer da cama. Aquí estamos debaixo dun temporal que me cospe saraiva contra os cristais. Eu vou pensar que estou no trópico.
ai, manuel antonio! pena que morrera tan mozo...
Saudações!
Obrigado pela postagem. Li algo do teu blog. Infelismente não sei se compreendo tudo o que li mas gostei da postagem anterior. Voltarei para uma leitura mais tranquila. Montamos um pequeno espetáculo de bonecos com o tema de Adão e Eva. Adão parece não ter outra opção a não ser desgraçar-se juntamente com ela. É mais um ponto para a fidelidade masculina. Obviamente o mito judaico é mais profundo.Mas não estamos somente para reconhecermo-nos nele e sim, também, para nos tornarmos partícipes não é?
E para refacelo (foi o que eu torpemente intentei)porque penso que hai que atreverse a contar os mitos desde outras perspectivas. A miña perspectiva hai 5 anos era esa.
Un saúdo grande coma un trasatlántico!
Gústame ter unha clientela esixente, pero ¿que queredes? non se pode estar capando e asubiando.
Miña nai dicíame de cativo: "Capa, capa daí!", para que [es]capase. E logo tiña iso de que "mentres capo non asubío".
Eu sempre pensei que era quen de asubiar correndo.
É que tamén, así que amentas a Blanco Amor, a Ferrín e a Manuel Antonio, pouco máis che nos queda, Musgallo! Non son nada amigo de rescatar xente cun libro de poemas editado na república.
E o de agora aínda se está a fraguar
Agora veñen capados da granxa, efectivamente. O capador de por aquí era d´Ourense, si señora. E mentres se capa non se asubía porque para capar fan falta as dúas mans e para termar do chifre unha.
Non me erguín especialmente enxebre, estas cousas un escóitaas desde que nace e cando se che presenta a ocasión de "colocalas" dáche un gustiño que...AI!! e os novos tedes que ir aprendéndoas que nós non habemos durar sempre.
Enviar um comentário