Número total de visualizações de página

quinta-feira, fevereiro 23, 2006

Anuncios por palabras

Busco poeta posmoderno para facerlle un comentario. O sexo tanto ten.

17 comentários:

FraVernero disse...

Esta ben, ou...
xD
Tiña pensado meterche un comentario sobre San Manoel Antonio de Asados, a terceira persoa da miña Trinidade de Autores Galegos (con Pai-Otero e Cunqueiro de Espírito Santo). A verdade, é tan chamativa a persoa e a obra que se fose desconfiado, crería que hai polo medio algunha trampa: igual que no relato aquel de Borges (Tlön, Uqbar, Orbius Tertius), sospeitaría que unha cofradía de Filólogos inventou ao autor e aos textos, e convenceunos a todos da súa realidade e existencia...
Canto ao anuncio, lémbrame a certos poemas outeiriñescos. Recomendo a Noel Blanco Mourelle, que reúne os requisitos -posmoderno e xénero.
xD
Unha aperta

SurOeste disse...

Oh, interesante: fragmentario, palimséstico, polo que eu podo lembrar...creo que o teño na biblioteca. Gracias señor Fra, vouno poñer na táboa das viviseccións ¿fará falta anestesia ou aguantará?

Polo que respecta ó noso poeta (morto)preferido non só existiu, senón que poida que descoñezamos parte do que escribiu. A maleta arrapañouna García Sabell e xa non a soltou, polo que eu sei. Alguén podería aportar máis datos?

musgallo disse...

Seica a familia Garcia-Sabell posúe inéditos de Manuel Antonio. Era o médico da familia e disque enganou á irmá do poeta.O que si é seguro é que estivo en posesión do publicado para que ninguén puidese facer ningún estudo e levar el todo o mérito. Eu creo este disque e penso en todo o que terán: cartas, poemas, reflexións...sabe Deus! Pois si: ese é o mérito do García-Sabell.Parece ser que lle forn centos de veces remexer os caixóns e o faiado á irmá do insigne poeta.

Clarice Orwell disse...

Oi Tudo bem?
Quais foram tuas impressões sobre Bourdieu?

SurOeste disse...

Bourdieu, queridos amigos, paréceme inmenso.

eue disse...

Eu tamén gosto de Bourdieu.
Se se fixese o campo literario da galicia contemporánea moito habiamos aprender...

SurOeste disse...

Deus! Eue, ti non terás telepatía? Iso é, precisamente, o que eu, no fondal do meu hemisferio esquerdo, desexo!

La queue bleue disse...

mmm
pois eu n che sei o q é pos-moderno... os conceitos abstractos nunca se me derom alá mui bem. Polo outro post-poema-post-moderno igual che vale como poetisa postmoderna a portuguesa Adília Lopes. Aí tés 1 pequena mostra: http://www.arlindo-correia.com/200301.html
Tb nom sei por links no (hiper)texto... (agora q o da posmodernidade fosse tudo retranca e fico como 1 parva... ai ai, de qq modo, assumamos o parvismo e alá vai)
E 1 cousichinha mais (duvidinha léxica): corenho vem sendo avaro, cutre, n? se nom, q é?

SurOeste disse...

Coreño é iso. ¿Viña a conto a pregunta?
O que son as casualidades acabo de ler un estudo comparativo entre Adília López e Lupe Gómez. Posmodernas onde as haxa.
E eu a velas vir.

La queue bleue disse...

Hehehe, nom, nom vinha a conto. Mas usache essa palavra num dos post-relatos e queria ter a certeza do significado. Casualidades da vida que esse dia mo chamarom, sem razom! of course :P
Espero que che molasse Adília Lopes, eu já a conhecia hai tempo mas justo agora andava a ler 1 livro dela e qdo vim o anúncio dixem-me "será q lhe vale? va que si!" :P
Ummm, de Lupe Gómez entom terei-me que documentar.

SurOeste disse...

Siiiiii, coreño, ¿en que relato usei eu esa marabillosa palabra? Tes razón, debe ser moi desta banda de aquí, que non é a primeira vez que non ma entenden. A min o dialectal pérdeme.

La queue bleue disse...

:)
No de Adán e Eva.
Já agora, onde é essa banda de aí? Só por saber onde se usa a tal palavra.
Mmmm, inda que claro considerando o anonimato nom o vás dizer... nem sequer a área? <:(

E si, o dialectal mooola!! :D

SurOeste disse...

Só che vou dicir que estou na área mindoniense. O val exacto terás que descubrilo.

Optimistic disse...

e logo como serán as probas de selección?

SurOeste disse...

O único que necesito é o material poético. ¿Tes algo?

DESORDE disse...

logo, non contes conmigo...

SurOeste disse...

Non sei logo que queredes que vos comente.