Eu son o Suroeste, o vento que lambe as vosas costas e reverdece os lameiros. Vin, como todos os outonos, con ganas de virar barcos, de azoutar as ondas contra os penedos, e arruinarvos as liñas eléctricas. Hai tres anos cimbrei o Prestige contra Muxía. ¿E que? Non foi a primeira vez nin ha ser a última. Sempre vos collo mirando para outro lado, coma se non me coñecerades. Mañá mesmo, encabrónome e vólvevos pasar o mesmo, ¿non o credes?
Coidadiño comigo.
1 comentário:
Querida Musgallo, paréceme que somos de distintas xeracións, eu precédote, desde logo. Na miña escola aínda había libros de Hª Sagrada con xudeos de colos verde, Hªde España con Guzmán "el bueno" cortándolle a cabeza ó seu fillo e tirándolla ós mouros...á señora Pandora coñecina moito despois.
Por outra parte, douche a razón, arrepíame a ameaza de cemento que nos vai afogar a costa e a paisaxe e creo que teriamos que facer algún tipo de presión cidadá para que se fagan e se cumpran as leis que se lles paren os pés ós especuladores. A verdade é que estamos indefensos, hai moitas xente que ten medo de que os expulsen das súas terras e das súas casas (pode pasar).
Enviar um comentário