Número total de visualizações de páginas

segunda-feira, junho 06, 2011

Pelouros

Foto SW

Todos se parecen, aínda que desiguais en tamaño, forma e porcentaxe dos minerais que os constitúen: son pelouros. O tempo foinos desgastando e facendo romos os seus ángulos, limando as múltiples irregularidades coas que foron cuspidos desde o fondo da terra. Levantan muros toscos e pouco cohesionados pero infinitamente pesados.
Se nun arrebato de audacia pretendedes superalos tede moito coidado, pode arrolar un –son moi inestábeis– e detrás dese virán os demais dispostos a sepultarvos. Coidadiño onde poñedes os pés e as mans cando procedades ao asalto e cando esteades xa do outro lado, só daquela, intentade desestabilizalos con todo o que teñades a man: abride unha fenda ben grande que os faga esborrallar de vez.

3 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Se non fose pola foto, pensaría que falas dos políticos!

SurOeste disse...

A verdade é que os pelouros son unha metáfora, poida que de políticos, poida que... de prepotentes en xeral.

Anónimo disse...

Tamén poderían ser as ideas preconcibidas, ou?