Número total de visualizações de páginas
sábado, agosto 28, 2010
Xacobeo kitch
Cando Umberto Eco intenta explicar na súa Historia da fealdade o que é o "kitch" e o que é o "camp" non pode evitar facer referencia ás clases sociais, xa non só determinadas polas condicións económicas ou educativas senón de puro sentido estético (a experiencia estética escapa ao nivel académico). A maioría das veces, o colmo do mal gusto non é por causa da pobreza, senón máis ben consecuencia da riqueza brutal que se quere exhibir en obxectos de excesivo valor económico, esas cousas caras –e perfectamente prescindíbeis– de gusto rechamante. O colmo do kitch poderían ser tanto as mansións de rosa Porriño estilo pazo, co cruceiro sen encrucelada incluído, circundadas de bloque e balaústres, coma os regalos finísimos da trama Gürtel–na miña memoria aqueles reloxios hiperbólicos do conselleiro Costa– aos políticos que lles facilitaban os negocios.
Estes días pasados tiven, xunto coa miña familia, unha experiencia estética verdadeiramente impactante, e dígoo sen asomo de sarcasmo. Como é ben sabido, o que un ten diante dos fuciños todos os días non o ve sequera, pero nada máis poñer o pé fóra da casa estase máis predisposto a a percibir o estraño mundo que entre todos construímos. Así pois, antes de que rematasen os días de descanso oficial, saímos da casa sen destino determinado e sen reservas de ningún tipo, como quen di, á aventura e moi dispostos á interacción estética coas novidades da zona a explorar. Ás nove da noite estabamos nunha vila galega mediana buscando aloxamento e este apareceu, ao segundo intento, nunha pensión ao lado da principal e ruidosa vía de acceso.
A dona do establecemento mostroume as habitacións facendo fincapé na, para ela, encantadora decoración que as caracterizaba: "esta é preciosa e aos nenos vailles encantar" ou "desde logo, é unha habitación moi acolledora" foron algúns dos comentarios que acompañaron ao primeiro contacto con aquel mundo coidadosamente –si, podo afirmar que alí había unha personalidade dotada cunha verdadeira vontade estética– creado para o goce dos hóspedes.
Mais, como se verá, os detalles que compoñían o todo estético fóronse revelando en toda a súa potencialidade cando xa estabamos instalados. De cada curruncho xurdía un novo impacto, formando en pouco tempo un entramado complexo de relacións capaz de illar ao receptor do mundo exterior.
A todos eles habería que engadirlles o efecto dun fortísimo ambientador que intentaba disimular o cheiro dos canos e só conseguía potencialo ata a embriaguez. Non houbo máis remedio que renunciar a este efecto especial interrumpindo o sono no medio da noite para expulsalo ao corredor e deixar que emanase, puro e sen adobío: unha auténtica experiencia "camp" naquel universo "kitch" da que non estou moi segura de estar totalmente recuperada.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
Pois o cadro da cabeceira da cama non está nada mal.
Faltoume por poñer a máscara mortuoria de Tutankamon, que tampouco estaba nada mal.
Habería que preguntarlle a Umberto Eco (cun único c, coido) cal é a sutil diferencia entre ambas.
Don Umberto, xa lle eliminei o -c- sobrante, penso que discriminaría as imaxes pola función dentro daquel espazo. O cadro da cabeceira ten unha función simplemente masturbatoria, basicamente utilitaria. A da máscara mortuoria sería algo máis abstracto e a súa presencia engadiría un toque de solemnidade e beleza serena ao conxunto que pode inducir pensamentos elevados despois da contemplación febril da anteriror.
Concordo co que di. Non ten a lingua trabada e fala redondo. Eu aínda engadiría que o feo, está tamén na lingua (non hai espazo da TV na que non digan a palabra xenial, e outras de falabarato).
E eu que pensaba que o cadro da cabeceira representaba a unha Madalena penitente! Teño que revisar os meus limitados coñecementos haxiográficos e iconográficos.
Ah, non, meu querido Homburg, equivócase vostede. Revise, revise a súa iconoloxía, porque a imaxe do penitente é xustamente a derradeira da serie.
Que boa e interesante expriencia. Hai que che ter sorte para que a un lle pasen esas cousas.
Seguro Anxo que non sabias que a xaboneira muda todos os anos. Este ano como e xacobeo, pois ten forma de cuncha. E a magdalena inpenitente, cambia todos os meses, porque ben se ve que e unha muller de calendario, coido que do mes de marzo, chica play boy 2009.
Anxo e fixate que este ano e o ano do tigre conforme ao calendario chines, por iso completa con esa decoracion. Todos os anos mudo, o ano anterior, como era o ano do porco, pois tiña outra estetica.
Que sorte tiveches co establecemento hoteleiro. Seguro que non era en Manhatan ou en Milan?...
Apertas
xmpb
Enviar um comentário