Número total de visualizações de páginas
domingo, março 29, 2009
La Voz de Galicia, todos os servizos
Miau, miau, Don Santiago, o seu pulquérrimo xornal ofrecía onte unha saborosa oferta de fin de semana: ¡Gatitas! desde 30 euros, que fan de todo, día e noite, 24 h., no "hotel" ou "domicilio salidas". Estreliñas no bico das tetas, estreliña na mesmísima -a cara non importa, pódese ver- cona, aberta, xa preparada, cus oferentes, xeonllos flexionados nunha cadeira, a mercancía ben á vista, que hai moita competencia. Sara 30 euros, Adriana 30 euros, Natali nin máis nin menos, unha ganga, Don Santiago, desahógate en mi boca, beso negro, todos los servicios, Paula gallega en apuros económicos, gallega Genoveva, 100% implicada. Último día, apurádevos, que Lavoz vainos rexenerar, está agardando que cheguen os buenos ao poder e mentres a facer caixa. J´accuse, Don Santiago, supercomplaciente, escravizada 24 horas, vivindo na merda, con perdón da súa cara, con perdón do seu jacuzzi, Don Santiago Fernández Rey, la moralidad personificada, fodida unha e mil veces xa non levo a conta, un por riba doutro sen auga no bidé, para que catro lambóns, vostede tamén don Santiago, fagan caixa e teñan burbullas no seu jacuzzi que lles fagan cóxegas nos collóns.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Eu tamén pensei niso mesmo estes días. Nese 'persoeiro' amoral que se autoerixe en gardián da Moral de Galicia e dos Galegos; que nos dicta día si e día tamén o que está ben e o que está mal. Eu diríalle á cara, se puidese: "No seu xornal fálase a cotío dos crimes de ETA, a miúdo amparados ou favorecidos polos colaboradores da banda (tamén criminais e merecentes de castigo).
Decátase de que vostede cadra á perfección na figura penal do 'colaborador necesario', cando permite que nas páxinas do seu diario se publiciten os criminais que explotan sexualmente en rexime de escravitude a centos de mulleres? Claro que se decata. Claro que sabe que sen o amparo e a colaboración do seu xornal, seríalles case imposíbel manter este negocio criminal. Fica claro, pois: é vostede colaborador necesario, e polo tanto merecente de castigo.
Como se atreve, señor director, a dictarnos leccións de moral?
Iseo la blonde
e no faro divino, e nas televisións públicas e privadas, e nas empresas, e nas universidades, e nas igrexas, mesmo nas consultas de médicos e abogados ilustres se agochan estes colaboradores necesarios e infames.
¡un bicazo rula!
Enviar um comentário