Número total de visualizações de páginas

sábado, junho 14, 2008

Mirade unha cousa...

A miña natural inspiración bloguística ten decaído moito nos últimos tempos, como xa notariades. Fiquei exahusta logo do asunto todo do manuscrito, mais non só iso. Estou decepcionada. Suroeste decepcionada, amigos, si. E con que se se pode saber? Non é doado de explicar. O meu can comeu un bocadillo de xamón (cocido) case sen masticar, logo ese glo-glo de tripas que lle sinto veñen sendo os gases inxeridos coa precipitación alimenticia. Elemental, queridos e queridas. No meu caso, a decepción que arrastro non sei explicala ás dereitas.
Probemos ás tortas:
-Alguén leu a serie do manuscrito?
-Alguén entendeu algo?
Se as respostas son non e non, daquela non teño máis que falar.
Síntoo.

http://nubosidadevariabel.blogspot.com/2008_01_01_archive.html

6 comentários:

Anónimo disse...

Eu entendín moitas lecturas, pero moitas, e quedei na intriga con iso de tetas si e polla non, e mira que no principio pensaba nun libro transexual, que é boa idea. E o manuscrito de que é?

SurOeste disse...

That´s the question!!
O único que vou dicir é que eu non o escribín, aínda que algunhas das palabras, frases, parágrafos son para min unha vella canción coñecida, case confundida coa miña voz e outros non tanto ou rematadamente nada. Desde logo o das tetas e o da polla non o escribín. Púxeno aí, precisamente porque non me gusta. O río foime levando, ás veces suavemente e outras con violencia. Este río é así: arrastra os sedimentos de séculos.
O resto é traballo voso, amiguiños e -as.

Anónimo disse...

Prezadísima suroreste, prégolle que continúe a súa xira co do manuscrito. Non nos pode deixar así. Ten vostede sereiros fieis que aínda que non comentan están aquí un día sí e outro tamén. Eu teño as miñas limitacións nestas disciplinas. A ecdótica e a codicoloxía sóanme a especialidades médicas, disculpe a miña "falta de ignorancia". Prométolle ler e reler, e ata copiar os seus textos para ser quen de aportar algo de luz nesta historia. Eu son unha simple porteira que coida o seu gato cochambroso e paso o día escoitando versións remasterizadas de simplemente maría, claro que, vostede, unha eminancia como é ¡que vai saber de que lle falo! Pero atopei non sei qué nestes seus desbarres, con perdón, e agardo a continuación. Ademáis lembre, temos pendiente unha xornada kaleborroka para destruir aquela fontiña con aqueles "fascios" tan xeitosos. Veña oh, colla folgos que agora ven o verán e haberá tempo abondo para darlle algo de xeito a esas fodidas, con perdon, follas, con perdón. Mire que sei onde vive, non deixe o manuscrito á vista que se me van os ollos e as man cara esa humanística tan ben deitadiña á dereita. Reciba un saúdo de estasuyaqueloes. Dolores da Curuxeira.

fgul disse...

ba! apúntome ao de Manuel Antonio; pero cito a Avilés de Taramancos:

"hai que romper, romper, romper
hai que romper de norte a sul Galiza
hai que romper romper agora"

apertiñas

Ana Bande disse...

¡¡¡¡¡suroeste!!!!!!!!¿onde andas metida????????

Anónimo disse...

Grazas polo seu comentario tan acaído nas Uvas, aquelo de
fuerte vs. gordo
etc.