Número total de visualizações de páginas

domingo, maio 11, 2008

Carta aberta a Suso de Toro e ao seu primo de Zumosol

Deasapaixonadamente, coma o intelixente Suso de Toro, afirmo que as ideas sobre cultura, sociedade e política que se expresan nesta infortunada Galicia nunha ou noutra lingua, a saber: galego ou castelán, atópanse sempre impregnadas de tal xeito pola significación política que cada unha delas ten na nosa sociedade que, curiosamente, defender unha sentencia idéntica na lingua A ou na B pode ter, e ten de feito, significados diametralmente opostos. Se esa mesma sentencia a pronunciamos en inglés, curiosamente tamén, o resultado semellaríanos en comparación esquisitamente neutral. Ímolo ilustrar cun exemplo:

Fuches tu, fuches tu, fuches tu
o que fuches caghar ao palleiro
fuches tu, fuches tu, fuches tu
qu´inda levas as pallas nu cu.

Compárese con:


Has sido tú, has sido tú, has sido tú
el que ha ido a cagar al pajero
has sido tú, has sido tú, has sido tú
que aún llevas las pajas en el pandero.

Non é o mesmo, iso non. Desgrazadamente eu, como o propio Primo de Zumosol de Suso, non teño moito coñecemento do inglés, mais se fose quen de traducilo estou segura de que soaría tan marabillosamente neutro como isto:

Fuches tu, fuches tu, fuches tu
o que fuches chist!, chist! ao palleiro
fuches tu, fuches tu, fuches tu
qu´inda levas as pallas no turulurulururú.

Xa o dicía a miña avoa, que en paz descanse, "aos pequenos é mellor que lles faledes o castellano, que se non aínda han dicir en calquera sitio "quero caghar!!"". Todos, Suso, todos os criados nesta infortunada Galicia somos quen de comprender que isto é así. Por que, logo, nos vés agora co conto de que só os que falamos/escribimos en galego somos os marcados ideolóxicamente e que o neutro, e polo tanto o políticamente correcto, é facelo en castelán? Escoller ou aceptar a suave imposición do castelán para falar de cousas serias, de cousas machas, en El País, como fas ti, Suso, e outros cantos coma ti, xente intelixente, comprometida, que sempre estivo aí na fura de diante, e volver ao galego para falar da lingua galega, folklore galego, gastronomía galega e literatura galega no mesmo periódico é tomar unha posición política. Para moitos foi unha sorpresa e unha decepción. Unha claudicación, digámolo claramente.
O nacionalismo galego é pequeno para ti e non sabe nada de mercadotecnia, a lingua galega non te levará á gloria, o panteón de galegos ilustres ten humidades e plantas venenosas medran nas fendechas. Galicia, enfín, é un cortello inmundo e "as relacións puramente bilaterais unha construción metafísica".

Por consiguiente:

Suso, escribe algo sobre lo absurdo del bilateralismo, que Touriño no dá hecho, y deja goro su discurso. Háblales de lealtad y convivencia, Suso, que son muy pedichones y no hai cosa que les llegue. Méntales, si hace falta a las glorias nacionales, llega a D.Quijote, si no se avienen a razones (ellos non tienen aún Quijote ni nada que se le parezca, no tienen La Novela, Suso) y desármalos con que hasta Rosalía escribía lo metafísico en castellano, porque siempre que sale uno bueno, como tu, de entre ellos se ponen zulús. Ponerse pesado con sus propias conveniencias, os intereses de Galiza esos de los que tanto cacarean, y dejar de lado los lazos de hermandad es...egoísta, insolente, improcedente. No lo vamos a permitir, va que no, Suso?

15 comentários:

Anónimo disse...

coido que en todo iso que escribe sobre Suso de Toro e o PRISOE hai algo que lle escapa, señora Suroeste. é inxenua demais.

SurOeste disse...

Si, é certo, son inxenua ata a desesperación, por iso son partidaria de non perder posibilidade ningunha de aprender. Vostede dirá. Sr. Anonymous....

SurOeste disse...

Acabo de ler o artigo de Xabier Cordal en Vieiros: penso que os dous sufrimos o mesmo ataque cando lemos ás grandes plumas do país escribendo en El País.

SurOeste disse...

Ox! e tamén acabo de ler isto en Galicia-Hoxe:
Touriño admite que a relación bilateral é necesaria

E agora? Suso, Touriño estásenos poñendo metafísico? Nin sequera leu o teu artigo? Así non imos a parte ningunha.

Anónimo disse...

grandes plumas do país? ein?

a quen pertence Galicia Hoxe? a quen pertence El País?

SurOeste disse...

A ver, Anonymous, fala claro, que eu vivo en provincias, a miña visión das cousas vén de que, á parte da miña natural e absolutamente encantadora inxenuidade, só xulgo o que aparece escrito.

Eu non coñezo a ninguén, para min tanto dá Xan coma Pericán, simplemente leo e critico o que publican (o que Xan e Pericán libremente desexan facer público). Non sei quen toma copas con quen nin quen fode con quen, nin que negocios escuros hai, se é que os hai, que ambicións inconfesábeis, que necias paixóns, que... mais ti, se tes outra visión e entraches aquí, ademais de presumir de que sabes moita cousa, deberías dar algunha proba de que, efectivamente, sabes.

Anónimo disse...

preguntaba, só preguntaba

SurOeste disse...

Non, Señor Enmascarado, vostede non pregunta, vostede insinúa que eu debería ter algún tipo de información da que evidentemente carezo. Xa lle digo: limítome a ler os xornais: cada un escribe onde escribe, o que escribe e na lingua que escribe.

Son inxenua por falta de información? quere dicir iso? ou son simple?
Bah! se cadra as dúas cousas.
Prenda a luz, que nos afoga tanta escuridade.

Anónimo disse...

non sobreinterprete, faga o favor.

SurOeste disse...

Sr. Anonymous, parece vostede o oráculo de Delfos, como non vou sobreinterpretar?

Ana Bande disse...

Eis Suroeste, tardou en voltar pero ven directamente ás barricadas! Bueno, non vou comentar o seu post porque esta loita lingüística non é a miña batalla. Eu quero entenderme e que me entendan e por iso emprego as dúas lenguas que sei cando quero e me apetece. O resto, para min, son andrómenas, só gañas de escribir cando non se ten moito que dicir. Un magnífico bloqueiro da galaxia o dixo hai pouco outra vez (j.j.valdés), pois iso. Polo que respecta a S.de T. estou case tan cansa del coma de M.Rivas. Semella que non temos outras voces no país. En fin, eu xa case non leo xornais, vou mellor informada cuns cantos blós de referencia que teño no meu peto. A cultura...déixeo, déixeo, mellor calar. Cando leo cultura nos medios non podo evitar que o meu traductor automático lea mediocridade. O mellor é que estea de volta vostede para que o coro soe mellor.

SurOeste disse...

Señora Bande, os meus respectos e reverencias, mais eu xa tomei unha ración de "saltaparapetos" e vou dereitiña á batalla/polémica. Ahhhh canto botaba de menos a adrenalina dos post e comentarios. Isto é vida, si señora.

Ana Bande disse...

Pois benvida ao deserto do real que diría S.Z., porque é ben certo que a realidade xa non hai que atopala aí fóra. E que siga conectada por tódolos baits do mundo!

Anónimo disse...

Que divertido! Esta suroeste escribe moi ben, a verdade. Creo que mente un pouco no que di que sabe e que non sabe, porque unha persoa con ese xeito nas teclas non é recén chegada, non.

Pero para iso está o nonimato :)))

SurOeste disse...

Anónimo: levo dous anos e pico facéndome un nome no mondo-blog, eu penso que xa... enfín,de anonimato nada. Cando levanto un tellado sempre firmo. Non me digas que acabas de caer por aquí!